Gonzalo Caballero, nunha nova mobilización masiva en Compostela: “Galicia di non a Feijóo e á súa política sanitaria”

O secretario xeral censura que o presidente preferise “poñerse a disposición de Casado e os seus pactos coa ultradereita” no canto de escoitar o clamor da rúa en Galicia
Por o 11/02/2019 | Sección: Política,PSOE
Gonzalo Caballero, nunha nova mobilización masiva en Compostela: “Galicia di non a Feijóo e á súa política sanitaria”

secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, secundou o domingo unha nova mobilización nas rúas con motivo do “retroceso” que o PP desde a Xunta está inflixindo á sanidade pública.

“Os galegos e as galegas dicimos non a Feijóo e á súa política sanitaria”, remarcou o líder do PSdeG, quen reprobou que Feijóo optase por “poñerse a disposición de Casado e dos seus pactos coa ultradereita” acudindo á manifestación de Madrid no canto de “atender as necesidades de Galicia”.

Como sinalou Gonzalo Caballero, a cidadanía de Galicia está pedindo á Xunta “unha sanidade pública, gratuíta e de calidade”, así como a fin da “privatización” e do “deterioro” que está sufrindo o sistema sanitario, que se suma á “precarización laboral” dos seus profesionais.

“Hai que cambiar a política sanitaria do PP”, incidiu o máximo representante do PSdeG, quen observou como Feijóo está sendo “censurado” polas súas “políticas fracasadas” no eido da sanidade pública.

Comentar noticia

Your email address will not be published.