Gonzalo Caballero: O “fracaso” de Feijóo en infraestruturas amosa “a súa incapacidade”

O secretario xeral do PSdeG considera ao presidente da Xunta “unha estratexia de marketing” que “nin cumpre o que planifica”
Por o 31/10/2018 | Sección: Política,PSOE
Gonzalo Caballero: O “fracaso” de Feijóo en infraestruturas amosa “a súa incapacidade”
Compartir en:

secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este mércores Ortegal en compañía dos alcaldes de Cedeira, Cariño, Cerdido e Ortigueira para denunciar os incumprimentos de Feijóo con esta bisbarra.

Os retrasos na execución da VAC Costa Norte e as deficiencias na conexión con Ferrol amosan, segundo dixo, que o presidente “non está cumprindo con Ortegal”.

“Feijóo é unha estratexia de marketing que nin cumpre o que planifica”, denunciou o líder dos socialistas galegos, quen fixo fincapé nos apenas 160 quilómetros de estradas que construíu dos 565 comprometidos no Plan Move da Xunta.

De feito, Gonzalo Caballero sinalou que o “fracaso” deste plan o convirte en “papel mollado” e amosa “a incapacidade” de Feijóo e que “non é un bo xestor”.

“O PP está pensando noutras estratexias e non nos galegos e as galegas”, remarcou, e avanzou que os socialistas poñerán “deberes” ao presidente para que destine os orzamentos da Xunta ás necesidades da cidadanía.

“FEIJÓO PERDEU A OPORTUNIDADE DE CUMPRIR”

No caso concreto desta bisbarra, o secretario xeral do PSdeG lamentou que os incumprimentos do goberno galego non só abranguen as infraestruturas, senón tamén os servizos públicos.

A modo de exemplo, recordou que “Feijóo perdeu a oportunidade de cumprir con Cedeira facendo un novo centro de saúde” que deixara planificado o goberno presidido por Emilio Pérez Touriño.

Pola súa banda, o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, agradeceu a visita de Gonzalo Caballero para coñecer de primeira man “o abandono” no que a Xunta ten sumido á bisbarra e, nomeadamente, ao seu concello.

“Levamos tres anos loitando para que Cedeira e toda a comarca sexa un referente non só turístico, senón en calidade de vida e cultura, e volvamos a ser un territorio digno para poder vivir”, finalizou o rexedor.

Comentar noticia

Your email address will not be published.