Gonzalo Caballero propón a Xoaquín Fernández Leiceaga como senador por designación autonómica

Publicado por o día 12/11/2019 na sección de Política,PSOE

Gonzalo Caballero propón a Xoaquín Fernández Leiceaga como senador por designación autonómica

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe que proporá á executiva do partido a Xoaquín Fernández Leiceaga como senador por designación autonómica.

A partires do seu nomeamento, que terá lugar no pleno da vindeira semana, Gonzalo Caballero avanzou que Leiceaga asumirá a coordinación da Interparlamentaria do PSdeG, establecéndose como ponte de contacto entre os deputados e senadores galegos en Madrid, os parlamentarios autonómicos e o eurodeputado.

Ademais, o líder dos socialistas galegos sinalou que Leiceaga, “un activo fundamental” no seu equipo, levará adiante a coordinación da redacción do programa de cara ás vindeiras eleccións autonómicas. Seguirá, por tanto, na tarefa de “seguir fortalecendo” o proxecto do PSdeG.

Pola súa banda, o presidente do partido en Galicia agradeceu a confianza depositada nel e garantiu que “o meu empeño fundamental vai ser seguir contribuíndo ao cambio político en Galicia”.