Gonzalo Caballero recibiu a Michel Montaner, autor do libro sobre o apoio das bases a Pedro Sánchez

Publicado por o día 06/10/2018 na sección de Política,PSOE

Gonzalo Caballero recibiu a Michel Montaner, autor do libro sobre o apoio das bases a Pedro Sánchez

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, recibiu este venres a Michel Montaner, secretario xeral do PSPV de Xirivella e autor do libro ‘El espíritu de Xirivella’, que relata o movemento das bases socialistas para devolver a Pedro Sánchez á Secretaría Xeral do PSOE en maio do 2017.

Michel Montaner estará estes días en Galicia presentando a súa obra, o que levará a estar en Vigo, Ourense, Santiago e Ribeira.

Ao termo do encontro, o líder dos socialistas galegos agradeceu o agasallo do libro que profunda na “forza da militancia” do PSOE e no cambio de rumbo que ten tomado o partido coa elección de Pedro Sánchez, que supuxo a conformación “dun proxecto de esquerda, sen complexos e con vontade de goberno”.

Pola súa banda, Montaner valorou o encontro mantido con Gonzalo Caballero, de quen destacou a súa “cercanía” e a súa “preocupación por dar soluciones” a Galicia.

Ademais, amosouse “muy satisfecho” pola “buenísima acogida” que está tendo, tanto en Galicia coma no resto de España, o seu libro, “una epopeya contada en primera persona por la militancia de cómo Pedro Sánchez ganó las primarias y, contra todo pronóstico, hoy es presidente del Gobierno”.