Gonzalo Caballero sinala que “Feijóo está escribindo as súas últimas páxinas á fronte da Xunta” tras “impoñer” as eleccións despois de anos de recortes

O secretario xeral destaca que o PSdeG “está preparado” para dar a Galicia “un proxecto de compromiso coa sanidade pública e cunha reconstrución que non deixe a ninguén na cuneta”
Publicado por o día 18/05/2020 na sección de Política,PSOE

Gonzalo Caballero sinala que “Feijóo está escribindo as súas últimas páxinas á fronte da Xunta” tras “impoñer” as eleccións despois de anos de recortes

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe que “Feijóo está escribindo as súas últimas páxinas á fronte da Xunta” despois de “impoñer” un calendario electoral que “os galegos e as galegas non compartimos”, en plena emerxencia sanitaria.

En todo caso, trala decisión de Feijóo de chamar ás urnas o 12 de xullo, Gonzalo Caballero sinalou que o PSdeG está “preparado” para dar a Galicia “un proxecto de compromiso coa sanidade pública, co fortalecemento do estado do benestar e cunha política de reconstrución ao servizo da cidadanía”.

“Para que ninguén quede na cuneta”, apostilou o líder dos socialistas galegos, consciente da necesidade de “rachar con once anos de recortes e privatizacións” nos servizos públicos e de dotar ao noso país dun “proxecto de futuro”. “Hai que desaloxar á dereita do goberno galego e poñer en marcha unha nova política”, remarcou.

Así é que o máximo dirixente do PSdeG asegurou que “o noso compromiso” de cara ao vindeiro 12 de xullo basearase na importancia do estado de benestar, nomeadamente no que atinxe á sanidade pública, e na posta en marcha dunha nova política económica. “Esa será a nosa tarefa”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.