Gonzalo Caballero sinala que Feijóo quere facer unha cortina de fume situándose detrás dun “falso España nos rouba” para ocultar a inacción e falla de medidas da Xunta ante a crise

Insta a Feijóo a que free a deslealdade dos baróns do PP coas demandas dos fondos REACT: “O PP reclama 1.400 millóns máis para Andalucía, que xa é a comunidade que máis recibe, polo que deixarían a Galicia sen nada”
Publicado por o día 30/12/2020 na sección de Política,PSOE

Gonzalo Caballero sinala que Feijóo quere facer unha cortina de fume situándose detrás dun “falso España nos rouba” para ocultar a inacción e falla de medidas da Xunta ante a crise

O líder socialista recorda que o goberno de España destinou a Galicia máis de 1.200 millóns de euros en ERTE, autónomos e desemprego no 2020 e que o ano que vén entregará máis de 1.100 millóns extra para os orzamentos da Xunta.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo hoxe un balance crítico da xestión da Xunta neste ano que remata pois considera que o goberno galego estivo “ausente” e “insuficiente” á hora de dar protección e respaldo aos sectores afectados pola crise derivada da covid e protexer á xente.

Para tentar ocultar esa “inacción”, como dixo Gonzalo Caballero, Feijóo está tentando facer “unha cortina de fume” a través da confrontación co goberno de España.

“Feijóo sitúase detrás dun falso España nos roba”, criticou o líder do PSdeG, en relación ás súas queixas sobre os fondos REACT da Unión Europea. Ao respecto, o responsable socialista instou a Feijóo a que free a “deslealdade” dos baróns do PP ante a petición de 1.400 millóns de euros máis para Andalucía, cando xa é a comunidade que máis fondos recibe. “Deixarían a Galicia sen nada”, subliñou Gonzalo Caballero.

Ademais, o secretario xeral sinalou que as críticas de Feijóo só buscan confrontar co goberno de España e olvídase de que trátase dun reparto feito con criterios obxectivos acordes co establecido na UE. Recordou que o goberno de España destinou a Galicia dende a chegada da pandemia máis de 1.200 millóns de euros para o pago dos ERTE, o apoio aos autónomos e as cotas dos desempregados, ao que hai que engadir todos os fondos covid para sanidade, políticas sociais e reactivación que Galicia recibiu no 2020.

Ademais, como recalcou, o goberno que preside Pedro Sánchez entregará a Xunta de Galicia máis de 1.100 millóns de euros extra para os orzamentos da Xunta do ano que vén, entre fondos estatais e europeos.

E finalmente convén recalcar que  os orzamentos xerais do Estado para o 2021, ademáis de ser os máis sociais da historia, teñen un investimeento territorializado que é maior por galego que por catalán, madrileño, andaluz ou valenciano. “Hai un goberno progresista en España que defende ás persoas fronte a crise, e polo tanto esas políticas benefician tamén aos galegos e galegas”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.