Gonzalo Caballero sinala que o PSOE é “o único voto útil para os que queremos servizos públicos, para as mulleres e para modernizar o país”

O presidente do goberno en funcións pide que “aquellos que perdieron las elecciones no bloqueen al que las gana” e pide que “la voz de los progresistas avance con rotundidad en el Congreso”
Publicado por o día 05/10/2019 na sección de Galicia,Política,PSOE,Vigo

Gonzalo Caballero sinala que o PSOE é “o único voto útil para os que queremos servizos públicos, para as mulleres e para modernizar o país”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe nun mitin en Vigo xunto co presidente do goberno en funcións, Pedro Sánchez, sinalou hoxe que “o único voto útil” de cara ás eleccións xerais do 10 de novembro “é o voto ao PSOE”.

“É o único voto útil para os que cremos na sanidade pública, no sistema público de pensións, na educación pública, na dependencia, nos dereitos das mulleres e na modernización do país”, enfatizou o líder dos socialistas galegos, quen reivindicou a defensa dos “avances” e dos “dereitos fundamentais” da man do PSOE.

Así é que Gonzalo Caballero chamou a facer fronte á “coalición de retroceso” que supón a unión da dereita e a ultradereita, e apelou a traballar por “unha mobilización masiva”. “A abstención só beneficia á dereita”, recalcou, e pediu “compromiso co futuro da España que queremos” reforzando o goberno de Pedro Sánchez.

E é que, precisamente, apuntou, iso é o que está en xogo. “Xogámonos se o país segue na senda de avance e progreso, na senda da modernización, ou se entra unha coalición de retroceso que quere levar o país a décadas atrás”, incidiu o máximo dirixente do PSdeG, consciente de que “o problema non é votar por segunda vez”.

“Temos que recuperar toda a forza, a ilusión e a defensa férrea dos principios que representamos os e as socialistas”, arengou Gonzalo Caballero, quen contrastou a etapa de prosperidade de Pedro Sánchez á fronte do goberno de España cos sete anos de goberno de Mariano Rajoy.

AS TRECE ROSAS

Por tanto, dende a óptica de que “votar é un exercicio de liberdade, pero tamén de responsabilidade”, o secretario xeral do PSdeG pediu non poñer en risco avances como o feminismo, o aborto, a eutanasia ou a loita contra a violencia de xénero. “O mellor representante desas conquistas é o PSOE”, destacou.

De feito, apuntou que o PSOE é “o partido que loitou por unha sociedade máis xusta” e -proseguiu- “seguirá facéndoo”.

E, fronte a “unha dereita que fala de queimar igrexas por retirar ao ditador dun espazo concibido para a súa exaltación” e a unha ultradereita “fascista, mentireira e retrógada”, Gonzalo Caballero dirixiuse ao presidente: “Pedro, a maioría progresista deste país está contigo”.

“O PSdeG ESTÁ EN PÉ”

E, cando falta apenas un ano para os comicios autonómicos, Gonzalo Caballero advertiu a Feijóo de que pode convocar as eleccións “cando queira”, porque será o PSdeG o que marque “a apertura dun novo tempo político”.

Sobre todo, como dixo, porque Feijóo deixa unha Galicia “que vai a peor”, con “menos poboación ocupada” que cando chegou á Xunta e nun período no que en España subiu o emprego. Ademais, censurou a estratexia de “confrontación” que Feijóo está facendo co goberno de Pedro Sánchez, mentres facía “chitón” fronte a Rajoy. “Consentíao todo”, recordou da súa submisión.

“O PSdeG está en pé, con forza e con ilusión. Feijóo pode convocar as eleccións cando queira e imos retiralo da Xunta”, remarcou Gonzalo Caballero, ao que Pedro Sánchez comprometeu todo o seu apoio para que así sexa.

“QUE RESPETEN EL RESULTADO”

A continuación, Pedro Sánchez tomou a palabra para pedir “que se respete el resultado electoral y que aquellos que perdieron las elecciones no bloqueen al que las ganó” para que “termine el bloqueo”.Para iso, sinalou, “España necesita que la voz de los progresistas avance con rotundidad en el Congreso”.

Ademais, ironizou con que “Rivera nos ha levantado el castigo” ao dicir agora que “está dispuesto a gobernar con el PSOE”. “Piensa: si sumo más escaños con el PP y la ultraderecha, lo que quiero es echar al PSOE, y, mientras tanto, gobierno con el PP y la ultraderecha en comunidades y ayuntamientos”. “Un ejemplo de coherencia”, resumiu.

Dito isto, Pedro Sánchez deixou claro que “no pedimos el apoyo de Ciudadanos, y menos de un partido que pacta con la ultraderecha”. “Lo que pedimos es que se respete el resultado electoral, y que aquellos que perdieron las elecciones no bloquen al que gana”, pechou.

Finalmente, en clave galega, o presidente do goberno en funcións reparou na situación da fábrica de Endesa nas Pontes e asegurou que “pienso en ellos”. “El gobierno aprobará una transición ecológica justa”, comprometeu, pensando no futuro de todos os traballadores.

COMPROMISO CON VIGO

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, louvou o compromiso con Vigo do goberno presidido por Pedro Sánchez, con proxectos como a biblioteca do Estado, o novo xulgado do social ou distintas infraestruturas necesarias para a cidade.

“Pedímosllo a Rajoy, e nada, pero agora están no BOE”, saudou o rexedor, quen pediu “unha maioría ampla e clara” para Pedro Sánchez nas eleccións xerais porque “está respondendo a Vigo”.

“Pídolle a Vigo que aumente o seu apoio ao PSOE para ter un goberno reforzado”, subliñou Abel Caballero, dende o convencemento de que “o goberno de Pedro Sánchez está cambiando a historia de España”.

Ademais, o tamén presidente da Federación Española de Municipios e Provincias anticipou “todo o apoio” da súa cidade para que Gonzalo Caballero sexa o próximo presidente do goberno galego. “Ese é o equipo que queremos”, concluíu.

“UNHA VITORIA MÁIS CONTUNDENTE”

A encargada de abrir o acto foi a número un ao Congreso por Pontevedra, Olga Alonso, quen chamou a “mellorar os bos resultados” obtidos polos socialistas na provincia “porque temos moitos retos por diante”.

“Conseguirémolo porque temos un gran equipo, e todos e todas imos traballar porque España necesítao”, subliñou Olga Alonso, quen prognosticou “unha vitoria máis contundente” o vindeiro 10 de novembro e que Gonzalo Caballero será presidente da Xunta o ano que vén.