O GP parlamentario de En Marea considera os orzamentos do Estado antisociais e maltratadores de Galicia

Manuel Lago denuncia que as subidas aos funcionarios e aos pensionistas son recortes encubertos se se ten en conta a inflacción
Publicado por o día 04/04/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política,Vigo

O GP parlamentario de En Marea considera os orzamentos do Estado antisociais e maltratadores de Galicia

Manuel Lago, deputado de En Marea valorou os orzamentos do Estado como “antisociais e maltratadores de Galicia”. O economista valorou moi negativamente as cifras presentadas para os orzamentos do Estado porque son restrictivos nas inversións e non atenden nin aos pensionistas, nin aos funcionarios entre outros colectivos.

Entre as cifras que salienta o deputado, figura o 32% de caída do investimento en Galicia, que se coloca como a segunda comunidade que máis retrocede en inversión “situando a Galicia en números cercanos aos anos 90”.

Para Manuel Lago, estes orzamentos teñen “unha contradición extrema”, po un lado asegúrase que xa se “saíu da crise, que a economía se recupera, pero isto non ten ningún reflexo na inversión pública”. “O goberno segue preso do apriorismo neoliberal do axuste e esta política limita os recursos onde máis se necesitan, nas inversións”.

Tamén son enganosas as cifras que se ofrecen das subas das pensións ou dos funcionarios. “Dise que se vai subir aos funcionarios un 1% e aos pensionistas un 0,25%, pero se temos en conta que a inflacción é de cerca dun 3% o resultado é que estes dous colectivos van sufrir unha perda de poder adquisitivo por riba dun 2%”.

Explica tamén Lago que as cifras de gasto estan “conxeladas” a pesar de que nestes orzamentos se prevé un incremento dos ingresos polo que hai que consideralos “restrictivos e antisociais”.