A secretaria de xustiza social de Podemos Galicia, Ana Pérez, presentará a película «¡Gracias Jefe!» que se estrea mañá día 4 ás 20.00 nos Multicines Norte de Vigo e nos Yelmo de A Coruña, onde a presentación correrá a cargo da membro do Consello Cidadán galego da formación morada, María Antonia Trillo.
«¡Gracias Jefe!» é unha producción francesa que aborda o drama que provocou a desindustrialización e a deslocalización de empresas en Europa, un feito completamente extrapolable ao que ocorreu en Galicia con sectores coma o naval ou o textil.
A película chega da man de Podemos e outros colectivos como Amarante e CC.OO. aos cines de toda España este venres.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.