Gran actuación do Club Xadrez Mos nos Campionatos Galegos de Xadrez

Participaron 18 xogadores do club mosense logrando 2 clasificados en postos de pódium e 2 clasificados entre os 10 primeiros postos
Publicado por o día 08/03/2019 na sección de Galicia,Mos

Gran actuación do Club Xadrez Mos nos Campionatos Galegos de Xadrez

Gran actuación da expedición mosense desprazada a Cangas para disputar os Campionatos Galegos de Xadrez, categorías Sub-14 e Sub-18.

Un total de 18 xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos participaron nos Campionatos Galegos de Xadrez Sub-14 e Sub-18 celebrados os días 2, 3, 4 e 5 de Marzo.

Na Categoría Sub-14 fixeron unha gran actuación cun total de 13 representantes nesta categoría. 2 clasificados entre os 10 primeiros postos. 2 clasificados en postos de podium. E 8 xogadores/as realizaron máis da metade dos puntos.

Destacadas as actuaciónes de Xabier Pérez Sousa finalizando 4º Clasificado do Torneo e Paula Toucedo Morgadas, finalizando en 3º posto na clasificación Feminina.

Na Categoría Sub-18 un total de 5 representantes nesta categoría. Antonio Álvarez Pampillón finaliza cunha gran baixada de Ránking Fide. A pesar diso, enorme a súa entrega e madurez, que sen dúbida, permitiranlle volver á dinámica de progreso que vén mostrando nos últimos anos.