A gran mentira sobre o endeudamento da Seguridade Social

Tódolos principios de ano dende 2011 nos enfrontamos a ter que escoitar e ler que estadísticas, estudios e análises sobre o envellecemento da poboación española e o imparable aumento efectivo, o previsible aumento das pensións e os poucos ingresos que recibe o sistema…
Por o 11/01/2018 | Sección: Galicia,Social
A gran mentira sobre o endeudamento da Seguridade Social

Tódolos principios de ano dende 2011 nos enfrontamos a ter que escoitar e ler que estadísticas, estudios e análises sobre o envellecemento da poboación española e o imparable aumento efectivo, o previsible aumento das pensións e os poucos ingresos que recibe o sistema… técnica utilizada polos diferentes gobernos para que nos xeren unha inquietude social imprecisa, e onde se nos convence que o sistema público de pensións non é sostible e recomenda os xa pensionados a que se conformen coa subida do 0.25% das súas pensión en vez do IPC, porque teñen xa unas pensións máis que dignas e as novas xeneracións que deben complementar as súas futuras pensións con plans de pensións privados para así poder xerar unha pensión digna.

Ademais se nos segue amedrentando con que o Tesouro Público novamente no ano 2018 ten que facer un préstamo de 15.000 millóns de Euros a Seguridade Social para facer fronte o pago das pensións. Recordando que xa fixera outro de 10.100 millón de euros no 2017 para facer fronte a paga extra, e que no Fondo de Reserva unicamente quedan 8.000 millóns polo que non chegaría.

Todo iso é fume, un fume creado polo capitalismo e pola incapacidade e despróposito dun Goberno de non mudar a súa política, política que segue o camiño marcado en 1994 polo Banco Mundial. Facéndonos crer que o noso sistema non é sostible e que únicamente debido o desemprego dos últimos anos e a baixada das cotizacións fan que a Seguridade Social se atope en números vermellos.

Temos que recordar que o noso sistema caracterízase porqué os actuais traballadores abonan as pensións actuais, e o que sobraba “teoricamente” ía o Fondo de Reserva.

O Sistema de Seguridade Social só ten que aboar as Pensións Contributivas, sendo as asistenciais ou non contributivas e os Complementos a Mínimos a carto dos Presupostos Xerais do Estado, acordado polo Pacto de Toledo en 1995.

Pero iso non foi así……

Cuantifícase por un Informe da Intervención Xeral da Seguridade Social ( órgano xestor contable do organismo ) que entre os anos 1990-2012 as arcas da Seguridade Social financiou os complementos a mínimos, responsabilidade dos Presupostos Xerais do Estados en 72.371, 5 millóns de Euros.

Todos os gastos correntes de bens, servizos, e nóminas que xeneran unha Administración sempre van a cargo dos Presupostos Xerais do Estado, a “excepción” dos derivados da Seguridade Social.

No 2011, o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero (PSOE) desvía 14.000 millóns de euros de cotizacións sociais para outros compromisos. 14.000 millóns que nunca se devolven o Fondo de Reserva.

Ademais, de non mencionar por parte do Goberno, que desde 2008 a SS foi un “ente financeiro” das empresas en crises, serviu para manter operativas empresas con dificultades de solvencia, con aprazamentos da recadación das cotas (empresas en concurso de acredores, insolventes…) converténdose nun mecanismo de finanzamento, servindo para manter a liquidez necesaria nas empresas e amortallando as dificultades económicas de boa parte das mesmas, isto tanto nos gobernos de PSOE como PP.

No 2012 o Partido Popular, non só non para esas políticas senón que as incrementa indiscriminadamente facendo uso das cotizacións sociais para:

Medidas de estimulo a contratación, o goberno leva a cabo bonificacións nas cotizacións empresariais. Só no 2016 a SS deixará de ingresar 2.100 millóns por reducións directas de cotizacións que non serán compensadas polo Estado e cantidade que supera en 500 millóns o previsto no 2015. Como se coñece a Taxa de Paro non se modificou o que demostra que non serviu para conseguir o seu fin que era a incentivación a contratación, pero si seguir reducindo os ingresos da SS.

E outros como por exemplo as compensacións os afectados polo terremoto de Lorca, vítima de incendios u outras catástrofes naturais… outros fins que nada teñen que ver con aboar prestacións contributivas da Seguridade Social.

Sé os gobernos, non houberan feito un mal uso dos cartos procedentes das cotizacións sociais poderíamos estar falando de que o Fondo de Reserva tería que ter o redor de medio billón de € e non os 8.095 millóns actuais.

O Estado, os Presupostos Xerais do Estado e o Ministerio de Facenda non están facendo un préstamo a Seguridade Social para facer fronte as pensións. Están a devolver uns cartos que xa pertencían por dereito o Sistema de Seguridade Social.

Como Portavoz da Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións sacaremos a luz cada cifra, cada mentira, cada manipulación que o goberno e os seus lacaios pretendan facer para amedrentar a poboación e facerlles creer que o noso Sistema non é sostible.

Non só e sostible senón que ademáis e o maior pilar do Estado de Benestar, e que reformas como as do 2011 e 2013 perxudican maioritariamente a todalas xeneracións que nun futuro próximo ou lonxano terán necesidade e/ou dereito de acceder a alguna das prestacións do sistema.

Queda moi claro a “obligación de manter un Sistema de Seguridade Social, “goberne quen goberné”, para todos os cidadás, que garanticen a asistencia e prestacións sociais suficientes ante as situacións sociais de necesidade”.

Victoria Portas Membro de MODEPEN e Portavoz da Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións (CEDSPP)

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.