Gran papel do Club Xadrez Mos nos Campionatos Galegos celebrados en Ferrol

Paula Toucedo Morgadas, medalla de prata na Categoría Sub-14
Por o 15/02/2018 | Sección: Deportes,Galicia,Mos
Gran papel do Club Xadrez Mos nos Campionatos Galegos celebrados en Ferrol

O Club Xadrez Mos participou con moi bos resultados nos Campionatos Galegos das Categorías Sub-14 e Sub-18, disputados durante os días de Entroido, 10, 11, 12 e 13 de febreiro, en Ferrol.

Seis dos xogadores/as do club mosense desprazáronse ata Ferrol para disputar a devandita proba. Na Categoría Sub-14 competiron Carla Ramírez Senlle (Campioa Galega no ano 2017 en Categoría Sub-12), Paula Toucedo Morgadas, David Álvarez Pampillón, e Gonzalo Bastos González.

Nesta ocasión o ouro non puido ser para Carla, que se mantivo con opcións durante toda a competición, pero finalmente quedou fóra do podium. Pero si acadou metal Paula Toucedo Morgadas, que finalizou a competición como Subcampioa Galega Sub-14 2018.

Na categoría Sub-18 participaron do Club Xadrez Mos, realizando moi boa actuación, Hugo Ramírez Senlle e Antonio Álvarez Pampillón; ambos xogando fóra de categoría xa que son Sub-16 de primeiro ano. A pesar diso, finalizaron a competición por riba do ránking inicial.