‘Grandes éxitos da música da televisión’ no Teatro de Afundación en Vigo

O concerto terá lugar o día 3 de decembro ás 21.00 h.
Por o 22/11/2016 | Sección: Cultura,Vigo
‘Grandes éxitos da música da televisión’ no Teatro de Afundación en Vigo

O Teatro de Afundación en Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro 3 de decembro o espectáculo musical Grandes éxitos da música da televisión, da man da Cinema Symphony Orchestra. O espectáculo trasládanos aos escenarios das series máis míticas da pantalla a través das súas bandas sonoras. As entradas están xa dispoñibles a través das canles de comercialización da entidade: na web de www.ataquilla.com ou mediante o teléfono 902 504 500.

O ESPECTÁCULO

A Cinema Symphony Orchestra achéganos ás series, que marcaron as nosas vidas, a través da música. No concerto tocarán temas tan míticos como a banda sonora de ficcións coma Star Trek, Sexo en Nueva York, Friends, Los Simpsons, Twin Peaks, La familia Addams ou Batman, entre moitas outras. Esta agrupación musical naceu, precisamente, co obxectivo de representar os grandes éxitos de cine e televisión ante o gran público. Algo que lle permitiu recibir sonoros aplausos nos escenarios de España e Europa.

Noticias de última hora en Vigo