“Graves incidencias é erros na vacunacións en Pontevedra”

Dende PROSAGAP queremos informarlles que:

Levamos preto dun ano de pandemia e os nosos xestores aínda seguen improvisando e informando con retraso ós traballadores e ós seus representantes.

PROSAGAP como organización sindical, loita polo respecto dos dereitos dos traballadores, e a seguridade no traballo é un deles. Levamos xa moitos meses denunciando xunto cos traballadores e outras OOSS, as deficiencias no material de protección, o reparto de FFP2 para todo o persoal, controis periódicos ( por exemplo, PCR a tódolos pacientes que ingresen, control de aceso ós hospitais, probas ó persoal, etc.) e tamén pola falta de diálogo, información e nula participación das OOSS na toma de decisións que teñen que ver cos traballadores. O plan de vacinación é un exemplo a engadir a unha longa lista.

Coñecíamos dende fai meses que teríamos que asumir un plan de vacinación sen precedentes, e acadado o tempo de inicialo, a xerencia segue correndo e improvisando. A proba é que non logran executalo sen polémicas, sen discriminacións e unha vez máis, sen dar a información previa adecuada.

Coñecedores de que un protocolo de vacinación a esta escala non se redacta e revisa nunha tarde, a principios de novembro, o noso delegado de prevención preguntou, vendo que non había ningún tipo de comunicación, por correo á dirección, e a súa resposta foi que deste plan xa se encargaban os servicios centrais. Por medio dun escrito presentado en rexistro, o delegado de prevención de Prosagap xunto con outro delegado de prevención, preguntaron á dirección sobre dito plan e a necesidade de establecer uns criterios de prioridades dentro da área para identificar a cada persoa pola súa prioridade segundo o seu traballo, e non pola súa categoría profesional. Cun mes de antelación antes da chegada da anunciada vacina, e coas noticias que chegaban xa do goberno de que establecían niveis de prioridades, poderíase elaborar grupos de prioridade, establecer adecuadamente a xente que se encadraba neles, identificar erros e comunicar ó persoal en que grupo estaban, podendo escoitar as súas reclamacións se non estaban de acordo, corrixir os erros reportados e solventalos se fose preciso.

Nunha reunión, a modo urxente, e dentro da presentación da nova directora de RRHH, indícasenos que están traballando nun borrador do proceso de  vacinación, indicando que o persoal que realizará a vacinación será voluntario e o cronograma esperado para a vacinación de residencias. Non é ata o día 24 de decembro e cun marxe de horas cando se nos notifica o plan de vacinación, plan que se desexa comezar o 27 de decembro. Comunícase o COMO, pero non se fala a QUEN de entre os traballadores, e que nese escaso marxe de horas, o prazo de alegacións remataba nin 24 horas despois, que aportásemos propostas Nestas reunións de prevención o noso delegado de prevención insistiu tamén na necesidade dunha campaña informativa cara os traballadores, non so para que resolvese dúbidas sobre a vacinación en si, senón tamén para que coñecesen o procedemento.

O día 13 comeza a vacinación ó persoal e nese mesmo día é cando recibidos por correo corporativo as instrucións de servizos centrais do Sergas. Nese mesmo día indícasenos que ó persoal de Atención de Primaria vacinarase nos seus centros de saúde. Posteriormente indícasenos o erro no aplicativo de citas, motivo polo cal estes avisos chegaron de madrugada.

En PROSAGAP podemos entender a complexidade do procedemento, e o gran esforzo que supón, pero non entendemos que pese que houbo ofertas con certo tempo de traballar xuntos nelo, facelo a última hora. As presas e a improvisación provocan erros como o cometido co colectivo de celadores. Este erro poderíase solventar antes de que os traballadores tivese que protestar pola súa non inclusión. A solución de vacinalos o antes posible en tanto haxa doses, é unha solución do erro, pero non deixa de ser unha discriminación a ser os derradeiros do seu grupo. A isto súmaselle a inclusión de colectivos que a priori non parecen tan prioritarios, ou a non inclusión de outros colectivos que coas mesmas premisas que eles, terían que ser incluídos por ter unha exposición similar. Xunto coa inexplicable e inescusábel incorporación de liberados sindicais tal como se ven comentado nos derradeiros días a falta de confirmación oficial.

O non coidado do colectivo de celadores súmase o mal estar provocado pola pelexa que tiveron que levar a cabo para ser considerados profesionais de risco e polas dificultades que tiveron para obter material de seguridade, porque recordemos que o risco non se mide pola categoría profesional, senón pola actividade que cada profesional leva a cabo.

Cando na reunión da comisión de centro do día 20 deste mes, preguntóuselle ó Xerente por esta situación, ante a importancia do proceso de vacinación, non quixemos facer leña da árbore caída, facendo entender que “entendíamos” que fose un erro a non inclusión de celadores de Montecelo. Pero o que non consentimos é que ante as preguntas e protestas dos compañeiros, as respostas sexan deixar de lado e menosprezar ó persoal.

E para rematar, no Comité de Seguridade e Saúde do día 22 de xaneiro, non concretan máis alá dos datos xa coñecidos por medio da prensa, non informan de como se vacinará ós traballadores temporais que unhas veces si e outras non traballan nas plantas Covid, non dan datos de cantos traballadores foron vacinados. Remítense á comunicar o xa coñecido.

E tampouco podemos esquecer o “sorprendente por insultante” vídeo coas declaracións do Sr. Xerente que, no canto de utilizalo para pedir desculpas, o fai para dicir que SO 17 traballadores foron vacinados por erro. Xa sabemos, só se trata de “hilitos de plastilina”

Comunicado do sindicato PROSAGAP.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM