GRAZAS! aos cómplices dos Reis Magos

O programa (en)Volve chega este ano a 540 menores
Publicado por o día 04/01/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

GRAZAS! aos cómplices dos Reis Magos

Obxectivo acadado. Fundación Meniños, Redeaxuda e a Concellería de Benestar Social Municipal dan unhas inmensas GRAZAS a todos os cómplices dos Reis Magos por facer posíbel que as súas Maxestades de Oriente cheguen na madrugada do 6 de xaneiro a todos os fogares de Pontevedra, por facer posíbel que ningún rapaz do concello quede sen agasallo.

Un total de 540 nenos e nenas recibirán agasallos de Reis grazas ao programa en(Volve), no que inscribíronse 560 cómplices, quedando unha vintena na lista de agarda por se houbese algunha emerxencia.

Recollidos todos os agasallos na Casa Azul, hoxe mesmo comezou a distribución aos domicilios.

A Concellería de Benestar Social subliña a dose de solidariedade que hai detrás do xesto de ser cómplice, unha solidariedade que marca a forma de ser dos pontevedreses e pontevedresas.