O grupo municipal GañaMos non queren ser cómplices da precariedade laboral

Desde Gañamos entenden que non é doado ver as penosas condicións laborais penosas que sufren moitas veciñas e veciños de Mos para unha persoa que cobra 70.000€ anuais do erario público e que reside en Vigo
Por o 03/04/2017 | Sección: Galicia,GañaMOS,Mos,Política,Vigo
O grupo municipal GañaMos non queren ser cómplices da precariedade laboral

Desde Gañamos entenden que non é doado ver as penosas condicións laborais penosas que sufren moitas veciñas e veciños de Mos para unha persoa que cobra 70.000€ anuais do erario público e que reside en Vigo.

Pero existen, sra. Arévalo, existen e somos complices dela nos propios planes de formación municipais, onde parece que interesa máis o titular mediatico que axudar as persoas a manter a súa calidade de vida, manifestan desde o grupo municipal.

Como mostra do desinterese deste goberno municipal irresposable temos a contratación da empresa Rodrinovo para o arranxo dun muro en Veigadaña. Esta empresa non paga aos seus traballadores dende hai 6 meses, denuncian.

Desde Gañamos comunicaron ao goberno municipal esta circunstancia para que actuasen en consecuencia pero como sempre utilizaron o seu método habitual de mirar para outro lado din desde Gañamos. “Un goberno responsable solicita un certificado de solvencia ou alomenos de estar ao corrente antes de contratar a unha empresa” din desde o grupo municipal. Porque as veciñas e veciños de Veigadaña para os que é tan importante o arranxo deste muro, “seguro que non lles agradaría saber que esta feito con mán de obra exclava”.

Un goberno responsable actúa para atallar a precariedade laboral e traballa polo ben de todos os seus veciños e non perde o tempo vociferando desde a súa torre de marfil que non existe a precariedade laboral en Mos, denuncian desde Gañamos. Solicitamos ao goberno municipal que conxele o pago das certificacións ata que a empresa contratada aporte os certificados de estar ao corrente cos seus traballadores pero unha vez máis demostraron que non son as persoas o que lles importa, rematan desde o grupo municipal Gañamos.

Noticias de última hora en Vigo