O grupo opositor a Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral convoca unha Asemblea informativa

Publicado por o día 03/03/2016 na sección de Social,Vigo

Estará aberta a tódolos veciños/as para informar dos últimos despilfarros nesta Comunidade de Montes de Cabral.

Será as 8 da tarde do xoves 4 deste mes de Marzo. NO ADRO PARROQUIAL.

Informaremos sobre os puntos do orden do día da Asemblea convocada Xunta Rectora de Montes de Cabral, o domingo 6/03/2016.

1º Nas normas xerais da convocatoria :

 Privan aos comuneiros que non poidan asistir o delegar nun familiar como contemplan os Estatutos da Comunidade, Lei de Montes éo Código Civil Galego. A Xunta Rectora obrigan a delegar en outro comuneiro.

2º Contas dos anos 2014 e 2015.

Sen ter aprobados os orzamentos destes dos anos, presentan estes números.

 Ingresos totais 609.634 euros.

 Gastos totais 2.224.521 euros . Un déficit de 1.614.887 euros.

 En catro anos gastaron os 7.200.000 euros, pagados por AENA pola expropiación dos terreos do aeroporto.

3º En Xestión daremos conta de:

Informaremos do expediente de recheos ilegais en Cotogrande. Paralizados polo Departamento de Urbanismo do Concello de Vigo.

Da ruptura de relacións con a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Cortas ilegais que levaron a cabo, etc.

4º Convocatoria de Eleccións.

Con nove meses de atraso convocan as Eleccións, Presidente IMPUTADO POR APROPIACIÓN INDEBIDA E XESTIÓN DESLEAL e o Secretario IMPUTADO POR FALSIFICACIÓN DOCUMENTAL.

 Levan meses manipulando descaradamente o Censo. Negan a condición de comuneiros a veciños que cumpren cos requisitos.