O grupo parlamentario de En Marea participou esta mañá na concentración en Santiago de Compostela no Día Internacional contra a violencia machista

Publicado por o día 25/11/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

O grupo parlamentario de En Marea participou esta mañá na concentración en Santiago de Compostela no Día Internacional contra a violencia machista

En Marea sumouse no día de hoxe aos actos convocados con motivo do Día Internacional contra a Violencia machista no noso país. O portavoz Luís Villares destacou na concentración de Santiago de Compostela o feito de que “na loita contra a violencia machistas estamos todos implicados porque estamos todos e todas interpelados“. “Isto non é unha loita das mulleres, e unha loita de toda a sociedade e temos que ter o compromiso os 365 días do ano de acadar unha sociedade máis igualitaria e non patriarcal“ asegurou.

O grupo parlamentar de En Marea así mesmo, rexistrou no día de hoxe unha batería de iniciativas -documentos adxuntos ao correo electrónico- orientadas a loitar contra a discriminación e a desigualdade por motivo de sexo nas distintas áreas denunciando desde a fenda salarial, a invisibilización dos datos de violencia machista, o mantemento de anuncios e tratamento discriminatorio e sexista nos medios de comunicación públicos, o incumprimento da lei da Cultura, a discriminación, discriminación laboral na pesca, no rural…

A loita contra a violencia machista e a defensa da igualdade en todos os ámbitos e niveis é unha cuestión que nos afecta a todos e todas nós na que temos a obriga de contribuír cada un desde o seu ámbito como sociedade e tamén a nivel persoal. Unha tarefa que implica actuar desde a raíz do problema e que non se pode solucionar sen o compromiso e o traballo real e efectivo nas distintas esferas da vida e no que as institucións e os distintos gobernos teñen moito traballo por desenvolver polo que non poden continuar a mirar cara outro lado.