Grupo Pereira, XIII Premio Familia Empresaria de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo, será o encargado de entregar o galardón ao presidente da compañía, D. José Pereira.
Publicado por o día 19/11/2018 na sección de Empresas,Galicia,Vigo

Grupo Pereira,  XIII Premio Familia Empresaria de Galicia

A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) concedeu a súa XIII Premio Familia Empresaria de Galicia á compañía viguesa Grupo Pereira. A distinción será entregada o vindeiro xoves 22 de novembro no Parador de Baiona e será o presidente da Xunta, D. Alberto Núñez Feijóo, quen entregue a condecoración ao presidente e fundador da compañía, D. José Pereira.
 
Grupo Pereira, con máis de 60 anos de historia, é actualmente a número 10 no sector, conta cun milleiro de empregados e alcanzou unha facturación de 150 millóns de euros. A AGEF decidiu condecorar á empresa familiar viguesa a súa evolución ao longo dos anos e a súa aposta pola calidade e a I+D+i, mantendo a súa filosofía de respecto ao medioambiente.
 
O Premio Familia Empresaria de Galicia, creado pola AGEF no ano 2005, ten carácter anual e con el a Asociación recoñece a contribución das sagas familiares ao desenvolvemento do tecido produtivo de Galicia, con especial atención á orixe e evolución histórica da empresa, os postos de traballo creados e o esforzo pola continuidade, xeración tras xeración.
 
A Asociación Galega da Empresa Familiar é a principal asociación de empresas con raíces en Galicia e está integrada por 58 compañías galegas de referencia. En Galicia o 92,4% das empresas son familiares, sendo a terceira Comunidade Autónoma española con maior proporción de empresas de propiedade familiar. O 83% dos empregos directos en Galicia son xerados pola empresa familiar (394.083 persoas). O obxectivo principal da AGEF é traballar pola continuidade destas empresas, xa que conforman o principal tecido industrial de Galicia.