O Grupo Popular defende o mantemento dos postos de traballo na planta da empresa GESTAMP Porriño

Publicado por o día 20/11/2014 na sección de Partido Popular,Política

O Grupo Popular defende o mantemento dos postos de traballo na planta da empresa GESTAMP Porriño

– Dorado cualificou de “extemporánea e sen sentido” a proposta de AGE, “porque os propios sindicatos aceptan rotundamente o acordo acadado coa dirección da empresa e desconvocaron a folga prevista”

O deputado do Grupo Popular Javier Dorado avogou hoxe no Parlamento polo mantemento dos postos de traballo na empresa porriñesa Gestamp, tal e como se recolle no acordo acadado entre o Comité de Empresa e a dirección.

“Non entendemos porque a oposición trae hoxe esta iniciativa para o seu debate en comisión parlamentaria, unha vez que xa existe un acordo para a viabilidade da empresa nos vindeiros tres anos”, manifestou.

Javier Dorado cualificou a iniciativa de AGE de “extemporánea e sen sentido, porque os propios sindicatos aceptan rotundamente o acordo acadado coa dirección da empresa e desconvocaron a folga prevista”.

APOIO DA XUNTA DE GALICIA

“O acordo recolle que se van manter os postos de traballo da planta de Gestamp en Porriño, polo que non entendemos as razóns polas que se trae hoxe esta iniciativa ao Parlamento para o seu debate”, indicou o deputado popular.

Dorado subliñou que a Xunta de Galicia apoiou cun investimento de máis de 10 millóns de euros a ampliación da planta de Gestamp en Porriño, “pero non se lle pode esixir ao Goberno galego que garanta os postos de traballo nunha empresa privada”. “O que xa leva adiante a Xunta é o control dos fondos que se destinaron a empresa, para que se cumpran os fins previsto na concesión”, engadiu.

PRENSA GRUPO POPULAR GALICIA