Grupo Popular promoverá o veto ao peixe espada procedente de Vietnam

– O Grupo Popular promoverá o veto ao peixe espada procedente de Vietnam mentres non cumpra cos requisitos de trazabilidade.

– O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, empraza ás forzas políticas da oposición a facer posible un acordo unánime do Parlamento galego en defensa dos intereses da flota de palangre de superficie, con máis de 150 embarcacións con porto base en Galicia.

– A desviación nas importacións procedentes deste país asiático moito por riba das cantidades declaradas, repercute negativamente no prezo do produto, creando distorsións no mercado e baixadas acusadas de prezos en orixe.

O Grupo Parlamentario Popular defenderá mañá na Comisión de Pesca e Marisqueo da Cámara galega unha iniciativa na que se insta ao Goberno central e á Unión Europea a manter o veto ás importacións de peixe espada procedentes de Vietnam ata que cumpran cos requisitos de trazabilidade.

O voceiro do Mar dos populares galegos, José Manuel Balseiro, lembra que nos últimos tempos están a detectarse recorrentes irregularidades na chegada de produtos procedentes deste país asiático, ata o punto de que algúns deles, como o peixe espada, superan en cerca dun 40 por cento as capturas declaradas na Comisión de Pesca do Pacífico Occidental e Central (WCPFC).

SUSPENDIDAS AS IMPORTACIÓNS

“Esta circunstancia prexudica aos intereses da flota comunitaria e, moi en particular, da flota galega de palangre de superficie xa que, a desviación nas importacións moito por riba das cantidades declaradas, repercute negativamente no prezo do produto, creando distorsións no mercado deste especie e baixas acusadas dos prezos en orixe”, explica Balseiro.

O portavoz popular afirma que “sempre e cando Vietnam non contribúa activamente aos esforzos que está a facer o resto dos países comunitarios para loitar contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, debe seguirse actuando e manter a suspensión da importación de produtos pesqueiros procedentes deste país asiático”.

Balseiro lembra que España acordou o pasado 6 de xuño suspender as importacións de peixe espada de Vietnam por exceder as capturas declaradas. Os populares buscan amosar o apoio unánime da Cámara en relación con este tipo de iniciativas en defensa da flota galega para o que reclaman a sensibilidade dos grupos da oposición.

“Tamén a Unión Europea ten na súa man acordar sancións similares coa apertura das denominadas tarxetas amarela (advertencia) ou vermella (suspensión) no caso de manterse estes incumprimentos”, indicou.

UNHA ESPECIE COMERCIAL RELEVANTE PARA GALICIA

Balseiro lembra que a flota espadeira española esta integrada por máis de 180 barcos, dos que uns 150 teñen porto base en Galicia.

Só en portos como o de A Garda, que agrupa o maior número de embarcacións de palangre de superficie de toda Europa, hai entorno a 750 familias que dependen da boa saúde desta actividade. Tamén é importante para outros portos como os de Burela e Vigo.

Os populares sinalan que o peixe espada é unha dás especies de maior valor comercial. Galicia e España ocupan o primeiro lugar no ránking mundial de produción, xa que logo as capturas representan o 28,4 por cento do total. Durante 2014 descargáronse 772.797 quilogramos de peixe espada nas lonxas galegas, o que supuxo unha facturación próxima aos 4,5 millóns de euros.

PRENSA GRUPO POPULAR GALICIA

Noticias de última hora en Vigo

grupo popularpeixe espadapez espadapez espada vietnampp galicia

SIGUENOS EN TELEGRAM