Guillermo Aldama, cardiólogo do CHUAC, impartirá mañá unha sesión maxistral gratuíta en directo en IESIDE en casa

ABANCA e Afundación a través de IESIDE dinamizan, na plataforma Afundación en Casa, un programa de sesións interactivas semanais en directo de contidos de interese xeral e profesional vinculados á actual conxuntura xerada pola crise da COVID-19
Publicado por o día 04/05/2020 na sección de Coronavirus,Eventos

Guillermo Aldama, cardiólogo do CHUAC, impartirá mañá unha sesión maxistral gratuíta en directo en IESIDE en casa

04.05.2020. O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa, institución de Afundación, a Obra Social de ABANCA, promove a iniciativa IESIDE en casa, na que participarán profesores de prestixio no ámbito académico nacional e internacional, quen impartirán semanalmente sesións virtuais gratuítas en vivo e en directo a través de conferencias, presentacións e entrevistas.

Guillermo Aldama, cardiólogo intervencionista do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, ofrecerá, mañá martes 5 de maio, a las 19.00 h, so seu relatorio titulado «Produtos do mar, un sector vital a nivel económico e social, pero, sobre todo, fonte de vida. A visión científica», enmarcado en «ABANCA e IESIDE asesoran», e que contará coa presenza de Javier Fraga Díaz, director de ABANCA Mar, quen introducirá o marco estratéxico da conferencia. Nestes momentos de especial complexidade para a economía, nos que as empresas teñen que navegar nun marco complexo e impredicible, o sector extractivo pesqueiro e marisqueiro, así como o transformador e comercializador, teñen a oportunidade de fortalecerse apoiándose nos estudos que a ciencia empeza a verificar da conexión entre o consumo de peixe de forma habitual e a saúde, especialmente a cardíaca. A inscrición para esta sesión pódese formalizar aquí.

A próxima sesión en directo terá lugar o mércores 6 de maio ás 17.00 h con Carlota Sánchez Puga, profesora de IESIDE, para analizar os retos de «A nova normalidade:

preparados para o futuro que se acelerou». A continuación, o venres 15 de maio, ás 19.00 h, Mauro F. Guillén, catedrático de Dirección Internacional da Empresa e de Socioloxía na Wharton School e asesor do Banco Mundial, abordará os debates de política pública e anticipará os grandes cambios que a pandemia traerá á economía e á sociedade na súa conferencia titulada «Cara a un novo escenario: o mundo económico e empresarial tras a pandemia». As inscricións para as conferencias pódense formalizar aquí.

Os contidos destes relatorios maxistrais abordan diferentes ámbitos de interese xeral e profesional, vinculados ao contexto provocado pola crise da COVID-19. «O noso obxectivo é xerar ideas e proxectos de utilidade para a comunidade académica, profesionais de diversos sectores ou empresarios, entre outros, para afrontar a nova conxuntura social e económica», subliña Miguel Ángel Escotet, reitor presidente de IESIDE e presidente de Afundación. «Con este proxecto -incide o profesor- reforzamos o noso programa de extensión universitaria dixital: unha universidade sen muros que pon á disposición da sociedade aquelas actividades que poidan ser de utilidade para a comunidade académica e profesional, nacional e internacional». As sesións, que se poderán seguir en directo en Afundación en casa, terán un carácter interactivo, abrindo unha canle de participación ao público, e complétanse cun programa específico dirixido á comunidade de estudantes de IESIDE.

CLASES INTERACTIVAS, EN REMOTO E ONLINE

IESIDE imparte desde o 12 de marzo, todas as súas clases en modalidade a distancia utilizando sistemas remotos e formación dixital a través do seu Campus Virtual. A avanzada tecnoloxía da plataforma online do instituto universitario, recentemente desenvolvida e implementada, permitiu que, unha vez tomada a decisión como medida de prevención e responsabilidade, de interromper todas as clases presenciais, en 12 horas a plataforma estivese dispoñible para conducir as sesións de todos os programas de forma dixital e por vídeo sincrónico de modo que os estudantes reciben a formación interactiva nos seus propios domicilios, coa mesma calidade que en modalidade presencial, mantendo así o habitual ritmo de traballo académico.

Ao longo destes anos fomentouse en IESIDE a innovación a través da transformación dixital, o que o posicionou á cabeza na aplicación de modelos de ensino mixto personalizado permitindo obter o nivel TI Avanzado Tipo 2 establecido pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE Universidades Españolas), que só acadan o 3,79 % dos centros universitarios nacionais.

Comentar noticia

Your email address will not be published.