Hai que acelerar a recuperación sobre as bases dunha transición xusta, para o que é importante preservar o emprego, sen renunciar a combater a precariedade

A pesar da diminución do paro no mes, a magnitude dos efectos da crise sanitaria reflíctese no incremento do desemprego en máis dun 16% no ano
Publicado por o día 04/08/2020 na sección de Eventos

Hai que acelerar a recuperación sobre as bases dunha transición xusta, para o que é importante preservar o emprego, sen renunciar a combater a precariedade

Os datos de xullo publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego e pola Seguridade Social apuntan a unha consolidación do cambio de tendencia que xa se iniciou no mes de maio. A reapertura económica e a nova normalidade marcan unha mellora, aínda que tímida. Se ben é certo que mensualmente mellora o desemprego, a magnitude da crise que xerou a pandemia sanitaria no eido económico e laboral déixase ver nun incremento de máis do 16% do desemprego en relación ao mesmo mes do ano anterior. Precisamente, a alta precariedade e temporalidade do mercado laboral explican a destrución masiva de emprego nun espazo breve de tempo e esixe derrogar a actual normativa laboral que sustenta esta situación.

UGT-Galicia apoia o mantemento dos ERTE e ir reincorporando ós traballadores nas actividades que se reanudaron, primando os axustes en horas e non en empregos

Neste conxuntura, aínda moi fráxil, á vista das estatísticas facilitadas hoxe, UGT-Galicia apoia o mantemento dos ERTE e reclama a necesidade de impulsar a reincorporación dos traballadores nas actividades que se reanudaron, primando os axustes en horas de traballo e non en empregos. Segundo as estatísticas facilitadas hoxe, hai en Galicia a 31 de xullo un total de 41.366 traballadores en ERTE, dos cales 18.645 son homes e 22.721 mulleres.

Así, a cifra de desemprego en xullo en Galicia sitúase en 175.311 persoas, e ca volta á normalidade caen as cifras de desemprego no mes en 9.343 persoas, entrando de cheo na temporada de verán, hai unha contracción do 5,1% con respecto a xuño. Non así no ano, hai un aumento do 16,2% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, un aumento do paro no ano de 24.390 persoas. No Estado no mes cae o paro en 89.849 persoas, unha caída do 2.33%, pero en termos internuais aumenta en nada menos que un 25.3%, situándose a cifra de desempregados en 3.773.034 e aumentando en 761.601 desempregados nun ano.

Tal magnitude de incremento do desemprego en termos interanuais en Galicia, como se comproba no cadro de evolución, non se constataba dende 2012. E, ademais, rómpese a tendencia de descenso anual do paro que se mantiña xa dende o ano 2014.

 

Ano Xullo VAR. Mensual Var. Interanual
2008 149.318 -2,2 6,7
2009 192.859 -3,7 29,2
2010 209.789 -4,6 8,8
2011 223.000 -4,5 6,3
2012 260.198 -3,3 16,7
2013 261.102 -4,5 0,3
2014 240.279 -4,8 -8,0
2015 216.371 -5,5 -10,0
2016 195.457 -5,7 -9,7
2017 181.871 -4,1 -7,0
2018 163.412 -3,9 -10,1
2019 150.921 -2,8 -7,6
2020 175.311 -5,1 16,2

 

 

  Galicia Estado
2020/ Xullo 175.311 3.773.034
Variación absoluta mes anterior -9.343 -89.849
Variación relativa -5,06 -2,38
Variación absoluta mesmo mes do ano anterior 24.390 761.601
Variación relativa 16,16 25,29

 

Provincialmente, o paro cae en todos os territorios. No que máis na provincia de Pontevedra, o 6.2%; 5.3% en Lugo; 4.5 na Coruña; e 3% en Ourense. No ano son destacables os aumentos próximos ao 19% na Coruña e en Lugo; un 14.4% na de Ourense e un 13.4% na de Pontevedra.

 

  Xullo 2020 Var. Absoluta mes Var. % mes Var. Absoluta ano Var. % ano
A Coru̱a 71.534 Р3.361 -4,5 11.264 18,7
Lugo 17.218 – 962 -5,3 2.731 18,9
Ourense 19.566 – 596 -3,0 2.465 14,4
Pontevedra 66.993 – 4.424 -6,2 7.930 13,4

 

Por idades, son 8.582 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, diminuíndo no mes o paro con máis incidencia que no conxunto de idades, o 9.19%, pero medrando nada menos que o 33.5% no ano.

As mulleres representan o 57,3% do total do desemprego en Galicia

Un mes máis reflíctense nas cifras de desemprego as brechas por xénero. Constátase a mellor evolución do desemprego no mes no colectivo masculino, cunha baixada do 6.92%, fronte ó 4.14% das mulleres. No ano os aumentos son realmente preocupantes, 20.1% de aumento de desemprego masculino e 13.4% do feminino. En termos estruturais as mulleres seguen a representar nada menos que o 57.3% do total do desemprego en Galicia. Hai nada menos que 100.534 mulleres nesta Comunidade no desemprego, fronte a 74.777 homes.

  Menores 25 anos Homes Mulleres
2020/xullo 8.582 74.777 100.534
Variación absoluta mes anterior -789 -5.178 -4.165
Variación relativa -9,19 -6,92 -4,14
Variación absoluta mesmo mes do ano anterior 2.153 12.487 11.903
Variación relativa 33,49 20,05 13,43

 

No mes, ó analizar por sector de actividade, hai diminución do paro en todos, salvo no colectivo de sen emprego anterior. Destaca en termos absolutos a caída do desemprego nos servizos con 7.614 persoas desempregadas menos, o 5.9%, pola temporada de verán, e aínda que hai un mercado contraído algo repercute na diminución do desemprego; e na construción e industria a baixa foi do 5.49% e 4.8%, respectivamente.

No ano o máis prexudicado foi o sector dos servizos co 17.9% máis de desemprego, achegando nada menos que 18.414 persoas desempregadas. Tamén o primario con 18.1% máis de desempregados. Medra en 2.250 na industria, o 13.15%, e nun 12.7% na construción, 1.559 máis. O menor incremento dáse, co 9.3%, no colectivo sen emprego anterior, 1.242 desempregados máis.

  Paro total Agricultura / Gandería Industria Construción Servizos Sen emprego anterior
2020/Xullo 175.311 6.045 19.357 13.862 121.372 14.675
Variación absoluta mes anterior -9.343 -226 -981 -806 -7.614 284
Variación relativa -5,06 -3,60 -4,82 -5,49 -5,90 1,97
Variación absoluta mesmo mes do ano anterior 24.390 925 2.250 1.559 18.414 1.242
Variación relativa 16,16 18,07 13,15 12,67 17,88 9,25

 

A afectación do mercado laboral é clara con 34.691 contratos menos que hai un ano

Cos datos de xullo compróbase que tan só se realizaron 86.407 contratos, caendo con respecto ao mesmo mes do ano anterior en 34.691 contratos. Con estes datos é clara a afectación no mercado laboral. En xullo do ano pasado realizáronse 121.098 contratos.

 

  Total contratos
2020/xullo 86.407
Variación absoluta mes anterior 31.993
Variación relativa 58,80
Variación absoluta mismo mes del año anterior -34.691
Variación relativa -28,65

 

En canto á cobertura por desemprego, a taxa supera o 100% debido a que no numerador da fórmula se contabiliza a persoas que están percibindo prestación contributiva por ERTE, pero que non están incluídas no denominador, ó non ser parados rexistrados por continuar a súa relación laboral coa empresa e permanecer en alta laboral. Así, a cobertura de desemprego é do 111% en xuño (último dato dispoñible).

A afiliación sitúase en Galicia no mes de xullo de media en 1.005.668, medra nun 1,93% no mes pero cae con respecto a hai un ano no 3,1%.

 

  Galicia Estado
2020/Xullo 1.005.668 18.785.554,30

 

Variación absoluta mes anterior 19.026 161.217
Variación relativa 1,93 0.9
Variación absoluta mismo mes del año anterior -31.814 -747.656

 

Variación relativa -3,07 -3.8

 

  Xullo/2020 Var. Absoluta mes Var. % mes Var. Absoluta ano Var. % ano
A Coru̱a 427.182 6.231 1,5 Р15.063 -3,4
Lugo 121.542 2.326 2,0 – 4.207 -3,3
Ourense 101.667 1.658 1,7 – 2.695 -2,6
Pontevedra 355.278 8.810 2,5 – 9.848 -2,7
GALICIA 1.005.668 19.026 1,9 – 31.814 -3,1
Estado 18.785.554,30 161.217 0,9%

-747.656

-3,8%

 

 

Ante a conxuntura descrita, UGT-Galicia considera que urxe impulsar o Acordo asinado entre o Goberno e interlocutores sociais no mes de xullo co fin de acelerar o proceso de reconstrución económica sobre as bases dunha transición xusta dende o punto de vista social e medioambiental.

Comentar noticia

Your email address will not be published.