O circo máis tolo de Troula Animación, Hakuna Matata, chega este domingo a Praia América (no entorno da ‘Fonte Seca’ dende as 17.00 horas) para entreter aos máis pequenos. O espectáculo, deseñado como un pasarrúas, forma parte do programa Cultura no Camiño e consta de animais de fantasía xigantes, zancudos e un ciclista.
Nika chega puntual, coma sempre, ó punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do… “Gran Circo Krasnobarak!”, pero… que acontece?, non hai carpa!, pero é que tampouco está Pepo o paiaso, nin os irmáns trapecistas…. NON HAI NINGUÉN!, Ó rato aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta… que temos un problema maior!, os animais do circo…andan perdidos pola cidade!!
Noticias de última hora en Vigo