O Celta consegue os seus primeiros 3 puntos nesta tempoada

O Celta vence cun gol de Toro Fernández nun partido que dominou de principio a fin
Por o 24/08/2019 | Sección: Eventos
O Celta consegue os seus primeiros 3 puntos nesta tempoada
Compartir en:

Partido correspondente á segunda xornada da liga Santander disputado no estadio municipal de Balaidos ante 20.034 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria do exjugador do RC Celta Pedro González Carneiro ‘ Pedrito’ e polo abonado número 3 do club, Pedro Vaquero.

O RC Celta gañou ao Valencia no Estadio de Abanca Balaídos por 1-0. Gabriel «Toro» Fernández fixo o único gol dos vigueses nesta primeira vitoria da tempoada 2019-2020, golazo que se verá repetido durante toda a semana.

O uruguaio rematou de tacón un centro raso de Denis Suárez para bater a Cillessen por baixo. Wass topouse co traveseiro e Maxi Gómez non atopou o gol. Rodrigo, que foi suplente, saíu na segunda metade e apareceu realmente pouco. Parello perdoou a última case no desconto. Denis Suárez, con todo decidido, fallou un penalti que o mesmo provocou; detívollo Cillessen. O Celta despega; o Valencia, decepciona.

 

O central mexicano Néstor Araujo fala para os micrófonos de Celta Media tras completar os 90 minutos na vitoria celeste ante o Valencia (1-0), a primeira da tempada 2019-20: “A afección merece que gañemos puntos en Balaídos”.

O míster, Fran Escribá, analiza a primeira vitoria do RC Celta na liga por 1-0 contra a Valencia CF.

Os Celta colle un importante impulso para o próximo partido fronte ao Sevilla FC, o venres 30 ás 20:00 no Sánchez Pizjuán.

Ficha técnica do encontro

1- RC Celta de Vigo: Rubén; Kevin, Araujo, Aidoo, Olaza; Brais Méndez (Pape, min.75), Beltrán, Lobotka, Denis Suárez; Aspas y Gabriel Fernández (Santi Mina, min.73).

0 – Valencia CF: Cillessen; Piccini, Garay (Diakhaby, min.60), Bautista, Gayá; Wass, Parejo, Kondogbia, Guedes; Gameiro y Maxi Gómez (Rodrigo, min.60).

Gol: 1-0 Gabriel Fernández min. 15

Árbitro: Hernández Hernández (colegio canario). Amonestó a Olaza por parte del Celta de Vigo, y a Gayá por parte del Valencia.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.