Hipocresía municipal

Por o 29/07/2014 | Sección: Anova,Opinión,Opinión por Fran Riveiro,Política
Hipocresía municipal
Compartir en:

Hoxe no pleno municipal de Vigo

O PSOE insta a Xunta de Galicia a que ubique o Laboratorio Central no Novo Hospital e non no Meixoeiro, o PP oponse alegando que o traslado o Meixoeiro non agocha a privatización do laboratorio nin entres outro motivos, desmentido que aumente a taxa de mortandande.

O certo é que o novo hospital xa está privatizado, que non nos enganen, pois esta asinado un acordo de “COLABORACIÓN PÚBLICA-PRIVADA” no que a Xunta fara aportacións económicas (CON CARTOS PÚBLICOS) a concesionaria (EMPRESA PRIVADA) por valor de 1500 millóns de euros para unha obra que custa 350 millóns.

Se isto chama a atención, tamén o fai a situación irregular que se está a dar entre concesionaria e a Xunta de Galicia. No contrato asinado entre ambas especificábase que o incumplimento nos prazos de entrega por parte da concesionaria implicaria que esta última perdería os 18,7 millóns de euros depositados como garantía para a execución da obra e a Xunta de Galicia resolvería o contrato, podendo reclamar danos e prexuicios,e rescataría a obra para concluila como obra totalmente pública. Pero,a saber por que escuros interes,a Xunta de Galicia decide prorrogar o contrato en contra do ditame do Consello de Contas.

Habería que investigar as relacións entre o goberno de Nuñez Feijoo e Sociedade Concesionaria Novo Hospital de Vigo S. A. (unha unión temporal de empresas formada por Acciona, Pontes e Calzadas, Obras Camiños e Asfaltos, Altair, e Concessia) para averiguar a que ven ese trato de favor.

O máis “rockambolesco” é que o alcalde de Vigo, Abel Caballero,no seu alarde localista/populista o que nos ten acostumados erixiuse como “paladín” defensor dun Novo Hospital para Vigo 100% público, ameazando e mesmo negándose a levar as dotacións(electricidade,saneamento,etc). Pero todo iso mudou cando quixo aprobar os orzamentos do ano 2014 e atopouse coa negativa do BNG,ante isto asinouse o pacto/matrimonio entre PSOE e PP no que este último incluiu unha cláusula(entre outras 11) na que obligaba o concello a levar as dotacións e outras infraestructuras o devandito hospital.

O diaño sabe máis por vello que por diaño e o alcalde,nun exercicio de “malabares” consigna unha partida orzamentaria para levar dotacións a Parroquia de Valadares ocultando nesta, as dotacións o novo hospital. Algo así como “onde dixen digo,digo Diego”,defende o Laboratorio Central pero colabora coa privatización do Novo Hospital de Vigo.

O certo é que necesítase unha rexeneración democrática na institución do Concello de Vigo,un concello sin oposición no que os dous partidos herdeiros do réxime toman as decisións en beneficio dos seus intereses e por riba dos da cidadanía. Hoxe,máis que nunca, podemos afirmar que “PSOE e PP o mesmo é”. Hoxe,máis que nunca,é preciso que a cidadanía se autoorganice para expulsar do poder as vellas elites e gobernar dende,por e pola cidadanía. É a hora de que o Pobo, como a marea, asolague as institucións transformándoas e poñendoas o servicio del mesmo, DO POBO.

Fran Riveiro, Coordinador de Participación Cidadá e Movementos Sociais de AnovaVigo