– Hoxe algúns medios de comunicación publicaban unha nova sesgada da inauguración das escaleiras mecánicas por parte do alcalde.
Neste caso o que máis “disfrazou” a realidade foi o Faro de Vigo, que ten en común cos esta cidade tanto como o propio alcalde que é quen o financia.
Xa estan tardando en mudarlle o nome por Faro de Abel e así xunto co seu programa en Localia,tamén financiado,sería como “Juan Palomo”.
Por que iso é o “Mundo Abel”:Populismo,propaganda nos medios e concesionarias municipais todas relacionadas entre si. Como exemplo o cuestionario-concurso feito no mes de Novembro, para escolares de 3º a 6º de primaria por Faro+FCC+Concello de Vigo titulado “Canto sabes de Vigo? no que de 20 preguntas, 6 estaban relacionadas coa concesionaria, exemplos:
-Cantas “escobas de platino” gañou Vigo?
-En que ano comezou FCC a limpeza en Vigo?
-Cantos vehiculos compoñen a frota de FCC en Vigo?
-Cantas persoas traballan en FCC en Vigo?…
Por que é certo, por desgraza, a historia de Vigo nos últimos anos escríbese con “C” de Concesionaria municipal,de Caciquismo, de Corrupción, de Caballero e a predilección deste último por asinar contratos e concesións con empresas implicadas en casos de corrupción (Movexvial-CivisGlobal, Eiriña-Stradia, Hormigones Valle Miñor, Cespa-Ferrovial e UNIKA, por certo esta última vinculada a Operación Pokemon e actual adxudicataria de moitas obras de humanización en Vigo).
Pero imos a cuestión que nos ocupa:
Onte un grupo de veciñ*s de Vigo acudimos as escaleiras mecánicas a denunciar o continuo despilfarro de fondos públicos en obras innecesarias,nestes intres,coa grave situación que están a sufrir moitas familia de Vigo.
Pequeno desplegue policial e de prensa,inauguraba o alcalde,desta volta non había violíns nin piano,un pequeno grupo de seguidores(os mesmos “palmeiros” do pleno) agardaban a aparición de Abel mentres un nutrido grupo de persoas denunciabamos o derroche e a incompetencia municipal cando fixo acto de presencia.
O alcalde desdibuxou un sorriso cínico mentres alzaba con raiba a man en sinal de “V” pero non de victoria se non de vinganza,o seu acto teatral quedaba deslucido.
Dando as costas,como é costume cando non lle interesa,ascendeu en solitario polas escaleiras mentres de fondo escoitábase os seus seguidores “Vigo Si” o que nos preguntábamos en alto “como subirán os minusvalidos polas escaleiras”,”e as familias con carriños de bebe”, “e os invidentes”,acaso son vigues*s de segunda?,acaso non se derrocharon cartos dos seus impostos nesa obra?.
Por que “Vigo si”, pero Vigo somos todas as persoas as que no dia de onte o alcalde daba as costas mentres ascendia en solitario polas escaleiras na procura do seu minuto de gloria.
ARTÍCULO DE OPINION POR FRAN RIVEIRO
Operador de mantemento industrial de profesión.
Activista social en varias plataformas sociais de Vigo e militante de ANOVA Irmandade Nacionalista da que foi portavoz e coordinador local en Vigo no 2014.
Comprometido político e socialmente con coa cidadanía,actualmente participa activamente na Asemblea de Movementos Sociais de Vigo-AMSV.
Colaborador con artigos de opinión en diversos medios de comunicación.