Holi party Xacobea chega a Ribadumia no seu percorrido por España

A festa Holi Party chega a Ribadumia na súa xira por España, parada que forma parte do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia
Publicado por o día 02/09/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

Holi party Xacobea chega a Ribadumia no seu percorrido por España

O Concello de Ribadumia informa que este sábado día 7 as 19 horas na explanada do Club Náutico terá lugar a Holi party Xacobea, a festa por excelencia que na súa xira de verán por España recaerá no noso municipio para diversión de todos os veciños. Así contando cos mellores djs da zona, artistas e animadores  farán que durante máis de 2 horas a festa non pare nun entorno natural por excelencia que forma parte ademáis da variante espiritual do Camiño de Santiago. Pois esta actividade esta financiada polo programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Eso si, convidamos a todos os asistentes a vir vestidos de branco pois de seguro que sairán con moito color desta festa que edición tras edición crea adictos a ela, polo seu xeito diferente de diversión pois a música únense outros atractivos como a cor e o entorno.

Así o próximo sábado Ribadumia será o epicentro para que centos de xóvenes se den cita nun punto emblemático en plena natureza e en plena variante espiritual, para disfrutar da música e diversión coa Holi Party na súa parada no noso municipio durante a xira de verán 2019.

Comentar noticia

Your email address will not be published.