Home de idade avanzada sufriu feridas de consideración ao caer da bicicleta

Por o 09/09/2018 | Sección: Sucesos
Home de idade avanzada sufriu feridas de consideración ao caer da bicicleta

En Sarreaus, un home de idade avanzada sufriu feridas de consideración ao caer da bicicleta coa que circulaba na estrada que une Xinzo e Vilar de Barrio, á altura da parroquia de Cortegada.

Debido á gravidade das feridas do varón, o 061-Urxencias Sanitarias mobilizou ata o lugar dos feitos o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ao fío das 17:45 horas, a través da alerta dunha persoa particular.

Acto seguido, dende o 112 Galicia requiriuse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Laza e de Protección Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.