Un home perdeu a vida en Mos tras producirse unha fuga de gas no seu domicilio

Por o 10/01/2018 | Sección: Sucesos
Un home perdeu a vida en Mos tras producirse unha fuga de gas no seu domicilio
Compartir en:

Un home faleceu esta mañá en Mos despois de producirse unha fuga de gas provocada por un calefactor. Ao fío das 11:00 horas, un particular solicitaba con urxencia ao 112 Galicia asistencia sanitaria para unha persoa  que parecía estar falecida e tendida na súa cama, no lugar de Castro, en Dornelas, no concello pontevedrés de Mos.

De inmediato,  dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, púxose en alerta aos servizos sanitarios de urxencia que, nada mais chegar ao domicilio, confirmaron o falecemento da persoa.

Ademais do persoal sanitario, ata a vivenda desprazáronse os Bombeiros do de Baixo Miño, axentes da Garda Civil e da Policía Local e os efectivos de Protección Civil. Tamén, os xestores do 112 Galicia deron conta do acontecido ao persoal da empresa subministradora do gas.