O Hospital Meixoeiro escenario dunha nova protesta

A xunta de persoal e SOS Hospital Meixoeiro convocan para este mércores día 1 de xuño unha nova concentración na entrada do centro, a concentración empezará ás 18h.
Publicado por o día 30/05/2016 na sección de CC.OO,CIG,Eventos,Galicia,Protestas,Sanidad,Sindicatos,Vigo

O Hospital Meixoeiro escenario dunha nova protesta

A xunta de persoal e SOS Hospital Meixoeiro convocan para este mércores día 1 de xuño unha nova concentración na entrada do centro, a concentración empezará ás 18h.

Non é a primeira protesta que ten este hospital de Vigo neste ano, xa son numerosas protestas realizadas, desde sentadas na entrada ata unha aperta ao hospital, hospital que leva desde un tempo atrás sendo desmantelado tal como denunciaron a plataforma SOS Hospital Meixoeiro e a Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo.

Neste luns pasado os sindicatos alteraron do peche de camas, o pasado fin de semana a dirección do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) pechou o á 2 da sexta planta do Hospital do Meixoeiro continúa sen utilizar, desde a CIG e CC.OO rexeitan os plans do Chuvi para pechar camas no verán.

Desde a CIG, “Este peche de camas sumaríase ao que xa está ocorrendo a día de hoxe no H. Meixoeiro, onde permanecen pechadas 105 camas, 30 máis nos fins de semana. Non entendemos que se prescinda de recursos que poderían ser utilizados para recortar as intolerables listas de espera cirúrxicas que padecemos na nosa área sanitaria”, apuntan.

O sindicato asegura que “a única explicación é utilizar ao persoal, das plantas que pechan, para cubrir os postos de traballo do persoal que está de vacacións nese período, aforrando contratacións á conta de manter ou incrementar as listas de espera”.

Desde CIG-Saúde reclaman que non se pechen máis camas no verán, que se abran as pechadas no Meixoeiro e que se dote a este hospital de servizos que “lle permitan incrementar a súa capacidade asistencial atendendo a pacientes de maior complexidade, como unha unidade de coidados de pacientes críticos”.

Mentras tanto na rede social Facebook, no grupo SOS Meixoeiro,  Miguel Estevez membro e voceiro da plataforma SOS Hosptial Meixoeiro publica unha carta a cal aquí poderan ler.

Gustaríame que soubésedes o que está a suceder nos servizos de esterilización e laboratorio do noso hospital:

No primeiro (esterilización) hai profesionais que teñen medo a falar ante posibles represalias, o que está a pasar é sinxelamente inhumano e dá moita pena, compañeiras que saen das quendas chorando de impotencia, traballando arreo e recibindo unha presión moi difícil de soportar, médicos que entran pola porta reclamando o seu material, xente dobrando quenda para que poida saír o material, recibindo malas contestacións, solicitaron reunións con dirección sen obter resposta algunha, cunha porcentaxe de baixas altísimo.

O persoal está exasperado coa central nova que non vai. As maquinas quedan paradas con material dentro e o sistema informático non funciona adecuadamente, queda colgado. En fin podería poñervos moitos exemplos…pero para empezar paréceme máis que suficiente.

No segundo caso (laboratorio) a situación non é mellor:

As obras de laboratorio de hematología xa están terminadas, na sala de rexistro puxeron o biombo de obra pero aínda non empezaron, en hormonas e proteínas o persoal atópase hacinado onde antes atopábase diálise, bioquímica instalando aparellos e volvéndose todos tolos, orina aínda non sabe ben o lugar onde se vai a situar e o concurso de urxencias (espazo baleiro e futuro laboratorio) aínda non se sabe para cando van comezar as obras.

Estes dous servizos son esenciais para o correcto funcionamento dos hospitais.

Desde SOS Hospital do Meixoero mostran a súa solidariedade e apoio cara aos seus compañeiros e compañeiras, din “que sirva esta nota como denuncia pública”.

A plataforma SOS Hospital do Meixoeiro animan e agardan unha resposta forte nesta nova protesta por parte da xente do común e profesionais da área sanitaria de Vigo.

ilcanallarubens_concentracion meixoeiro_2016