Hoxe 30 de xaneiro celebrouse o día Escolar da Paz e a Non Violencia

Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”.
Por o 30/01/2019 | Sección: Eventos
Hoxe 30 de xaneiro celebrouse o día Escolar da Paz e a Non Violencia

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. Neste día, os centros educativos comprométense como defensores da paz para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

É unha data apropiada para traballar co alumnado a importancia do dereito á paz, comprendendo como a educación favorece este dereito. Para iso é necesario fomentar unha conduta proactiva en favor da paz e a resolución pacífica dos conflitos. O Día Escolar da Paz e a Non Violencia, tamén coñecido como DENIP, é unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal Vidal. É un día internacional que conmemora o aniversario da morte do Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro, e que ademais foi recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Que podemos aprender do Día da Paz?

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

O Día da Paz, pola súa temática xeral de non violencia, resolución de conflitos e convivencia, pode traballarse en todos os niveis educativos desde Educación Infantil ata Bacharelato.

Comentar noticia

Your email address will not be published.