O 31 de Agosto celébrase o Día Internacional da Solidariedade, conmemorando a data de fundación do sindicato polaco “Solidarno”7;ć”. Esta conmemoración pretende promover e fortalecer os ideais de solidariedade como valores fundamentais para as relacións en e entre as nacións, os pobos e as persoas.
O movemento social Solidariedade ( Solidarno”7;ć) fundado no ano 1980, cuxa importancia mundial foi recoñecida, en particular coa concesión do Premio Nobel da Paz ao seu lendario dirixente Lech Walesa, e que se baseou nos ideais da solidariedade, converteuse nun importante impulsor do cambio, non só en Polonia, senón tamén nun contexto máis amplo ao lograr finalmente derrubar o muro de Berlín e desembocar no renacemento da democracia máis aló do pano de aceiro. Este movemento tamén contribuíu a atraer a atención dos pobos de todos os continentes cara á importancia crecente da solidariedade como valor fundamental das relacións entre os individuos, os pobos e as nacións.
E é que a solidariedade non só é un requisito de carácter moral, senón tamén unha condición previa para a eficacia das políticas dos países e os pobos. É unha das garantías da paz mundial. Vivimos un período de grandes diferenzas entre os ricos e os pobres. O verdadeiro progreso non se logrará sen a cooperación entre todas as nacións e os pobos para acabar coa pobreza e sen a solidariedade cos desposuídos. Debemos asumir a responsabilidade ante os que non poden obter os recursos suficientes para o desenvolvemento, cuxos dereitos humanos e dignidade non se respectan. Todos eles son a nosa preocupación común.
Por conseguinte, debemos aspirar a que o século XXI sexa a era das nacións, os pobos e os individuos consagrados á solidariedade. Un camiño en solitario leva inexorablemente ao illamento. As estruturas supranacionais, fundadas precisamente no principio da solidariedade co debido respecto ás particularidades locais e a diversidade cultural, ofrecen a posibilidade dun desenvolvemento pleno e estable.
A proclamación do 31 de Agosto como Día Internacional da Solidariedade, para coincidir co aniversario do inicio do movemento “Solidariedade” que inspirou e abriu camiño aos cambios mencionados anteriormente, contribuirá a promover e fortalecer os ideais de solidariedade como valores fundamentais.
A solidariedade ten dimensións diversas e manifestacións en varios niveis, por iso é polo que o proxecto de resolución proposto pola ONU sinale a posibilidade de conmemorar o día de formas diversas e por diversos medios con arranxo ás necesidades locais, rexionais e internacionais.
Este empeño do sindicato Solidariedade é o empeño que Nacións Unidas quixo difundir a través do establecemento dun día dedicado á solidariedade, para dar un verdadeiro significado a esta palabra e para dar a coñecer o incrible traballo realizado por este sindicato polaco para que sirva de exemplo a outras nacións.
Noticias de última hora en Vigo