Hoxe cinco novos falecidos por mor da covid-19 en Galicia

Descenden os casos activos en Galicia (-35) despois de tres días consecutivos á alza

O Servizo Galego de Saúde notificou na xornada de hoxe cinco novos falecidos por mor da covid-19.

No CHUAC falecían dous homes de 81 e 92 anos e no CHUO un home de 83 anos. Ademais, unha muller de 84 anos procedente da Residencia de Vilalba falecía no CHUS. Por último, unha muller de 89 anos faleceu na Residencia Vila do Conde de Gondomar. Segundo notifica o Sergas, todos eles presentaban patoloxías previas.

Desta forma, o total de falecidos desde o comezo da pandemia ascende a 1.332.

Descenden os casos activos en Galicia 35 menos despois de tres días consecutivos á alza

Caen os casos activos en Galicia ata os 5.618 (-35). Logo de tres días con subas nos casos activos, que sumaron 132 contaxios á cifra global, volvemos ter un saldo negativo de casos activos nesta xornada.

Estabilidade nos hospitais

O número de persoas ingresadas nos hospitais galegos redúcese respecto a onte: hai 352 persoas ingresadas, 302 en planta (+1) e 50 nas UCI (-3). Así, presión hospitalaria redúcese lixeiramente, consolidando o número de persoas ingresadas ao redor das 350 nas últimas semanas.

Máis de 8.000 PCR e con positividade no 4 %

As probas PCR notificadas polo Sergas mantéñense por riba das 8.000 por cuarto día consecutivo, ata acadar a cifra récord do último mes: 8.579  probas (-447). O motivo está nos múltiples cribados masivos en varios concellos do país, cunha asistencia superior ao 75 % na maioría dos casos.

A media dos últimos sete días de probas PCR é de 8.099,42, cun número de contaxios detectados de 326,42 de media, o que revela unha positividade media para a última semana do 4,03 %, practicamente un punto por debaixo do 5 % recomendado pola OMS como máximo para dar por controlada a pandemia.

Das probas PCR notificadas hoxe deron positivo 357, o que representa un 4,16 % de positividade.

Por áreas sanitarias a repartición

• Vigo: 1.308 (-35)

• Santiago: 1.100 (+46)

• A Coruña: 899 (-8)

• Pontevedra: 865 (-4)

• Ferrol: 555 (-15)

• Ourense: 458 (+10)

• Lugo: 433 (-29)

TOTAL GALICIA
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS
5.618
                  182 usuarios
                  159 profesionais
FALECEMENTOS
1.327
                  235 en residencias

                  327 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

 

 

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS

 
 
TOTAL GALICIA

 NÚMERO DE POSITIVOS

889

 AULAS PECHADAS

63

 CENTROS PECHADOS

4

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM