Hoxe comezou en Lalín un curso formativo sobre a produción da castaña organizado pola Deputación xunto a ÓDEGA

Este luns 15 de outubro comezou en Lalín o curso formativo de fomento da produción de castaña na provincia de Pontevedra como alternativa de aproveitamento agroforestal, que organiza a Deputación e a Asociación de Desenvolvemento Rural ÓDEGA. Este curso finalizará o vindeiro 26 de outubro e impartirase na capital de Deza (rúa Ramón Aller, 67, Baixo) en horario de 9 h a 14 horas. Tamén este luns comezará a primeira quenda do curso de formación a distancia, que consta de 50 horas de formación e-learning. As persoas participantes poderán completar o curso ata o 9 de novembro.

Accións formativas coma esta que acolle Lalín incluirán aspectos como o uso de planta resistente á enfermidade da tinta do castiñeiro, poda e manexo das plantacións de castiñeiro, produción ecolóxica e aspectos legais das plantacións; nocións sobre plantacións de castiñeiro orientadas a froito, a madeira e mixtas, así como nocións sobre enxertos, portaenxertos, variedades autóctonas de castaña e produtores híbridos; manexo fitosanitario das plantacións de castiñeiro de froito: identificación de patoloxías, medidas culturais e preventivas e de loita química e biolóxica e comercialización e modelos cooperativos e de agrupación de propietarias e propietarios para a produción e venda agrupada de castaña de calidade.

Esta acción, que tamén realizarase en Caldas de Reis e nas Neves, forma parte do convenio asinado entre a Deputación e a Asociación de Desenvolvemento Rural ÓDEGA que ten como finalidade o fomento da produción de castaña na provincia de Pontevedra. Ademais destes cursos púxose en marcha nas Neves unha experiencia piloto que consiste no establecemento dunha parcela demostrativa para o cultivo da castaña e unhas xornadas e mesas redondas en Silleda sobre o cultivo do castiñeiro e produción de castaña.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM