Hoxe cumprimos 35 anos de traballo a prol da xusticia social e ambiental en España

Publicado por o día 09/12/2014 na sección de Amigos da Terra,Política

Hoxe cumprimos 35 anos de traballo a prol da xusticia social e ambiental en España

Amigos de la Tierra celebra 35 anos de traballo no estado español pola xustiza social e ambiental. Nesta data, a organización quere destacar algúns dos seus logros e á súa vez tomar impulso para fomentar unha sociedade baseada en alternativas respectuosas co medio, xustas e solidarias.

Hoxe 9 de decembro, a asociación ecoloxista Amigos de la Terra conmemora os seus 35 anos de traballo en España, pero ademais este ano, tamén celebra os dous premios outorgados ao seu centro de educación ambiental, As Corcerizas, xestionado polo grupo local de Amigos dá Terra, en Galicia.

Amigos de la Tierra leva dende 1979 traballando en campañas para promover unhas políticas coas persoas e a Terra no centro. O seu sinal de identidade e un dos seus principais obxectivos é destacar a importancia da relación indisociable da contorna e os seus habitantes.

Esta data é un momento para botar a vista atrás e tomar impulso cara a adiante para continuar co seu traballo. A asociación denuncia graves problemas, pero sempre resalta as súas posibles solucións. Ao longo destes anos, a ONG foi clave en múltiples batallas para defender o medio.

Amigos da Terra foi unha das organizacións que encabezou a loita contra os transxénicos en España. Este traballo foi definitivo para, xunto a outros colectivos, lograr a paralización de varios experimentos con transxénicos ao aire libre: o cultivo dun arroz con xenes humanos en Castelló e o experimento con moscas transxénicas en Tarragona.

Dende hai 15 anos a compostaxe foi outra das súas apostas. Aínda que é agora cando podería ser tido máis en conta na xestión de residuos, os seus proxectos para xestionar a materia orgánica alcanzaron máis de 40.000 persoas.

Ademais de promover unhas políticas sostibles e sensibilizar a cidadanía, a organización ecoloxista traballa en proxectos de cooperación en zonas de gran biodiversidade de Centroamérica. Grazas ao seu traballo, a UNESCO declarou dúas áreas Reserva da Biosfera, Río San Juan e a Isla de Ometepe en Nicaragua.

Todo este traballo non sería posible sen o apoio dos seus grupos locais que, coa súa dedicación, evitaron a construción de estradas, polígonos industriais ou urbanizacións en áreas de alto valor ambiental, así como mobilizar miles de voluntarios. Amics de la Terra Mallorca, en colaboración con diferentes entidades, conseguiu frear o proxecto de ampliación dunha estrada de montaña na Serra de La Tramuntana. O grupo de Eivissa evitou a urbanización dun espazo protexido en Es Amunts, o que foi unha das primeiras condenas por delito ambiental na illa. Amigos da Terra en Galicia, tras a catástrofe do Prestige, reunimos milleiros de persoas que participaron na limpeza das costas galegas. Estes son só uns poucos exemplos de todos os retos que superou a organización ao longo destes anos.

A pertenza de Amigos da Terra á federación ambientalista máis extensa a nivel mundial, Friends of  the Earth International, garante un traballo coordinado e horizontal do local ao global. Fai pouco máis dun ano, o traballo conxunto permitiu xulgar e condenar a Shell; por primeira vez unha empresa era castigada polos seus crimes no estranxeiro, unha gran vitoria da federación.

“La celebración de estos 35 años es posible gracias a todas las personas y colectivos que han apoyado a Amigos de la Tierra.Vamos a seguir luchando para fomentar la agricultura local y ecológica, las energías comunitarias renovables y la gestión eficiente de los recursos naturales, soluciones a muchos de los problemas sociales y ambientales que viven nuestras sociedades” sinalou Liliane Spendeler, directora da asociación.

PRENSA AMIGOS DA TERRA