Hoxe desde Samil a partir das 21h poderán presenciar a filmación e emisión en directo do solsticio de verán sobre as Illas Cíes

Os cidadáns que hoxe se acheguen a Samil entre as 21,00 e as 22,15 h, poderán presenciar a filmación e emisión en directo do solsticio de verán sobre as Illas Cíes. Esta iniciativa enmarcase nas accións de promoción do arquipiélago vigués obxectivo Patrimonio da Humanidade.
Publicado por o día 21/06/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Hoxe desde Samil a partir das 21h poderán presenciar a filmación e emisión en directo do solsticio de verán sobre as Illas Cíes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero animou a todo Vigo a achegarse hoxe mércores á filmación e retransmisión en directo da posta do sol sobre as Illas Cíes, unha nova proposta para apoiar a campaña Illas Cíes, Obxectivo Patrimonio da Humanidade. Segundo detallou, o solsticio de verán sobre o arquipélago se emitirá para todo o mundo desde Samil, en 360º e calidade 4K, desde as 21,00 horas ata aproximadamente as 22,15 horas.

Caballero explicou que na propia praia de Samil se creará un ambiente natural e íntimo para a posta do sol, amenizado con música. Membros da Orquestra Vigo 430, en formato solista, interpretarán durante a filmación varias pezas musicais. Unha vez retransmitido en directo, dixo, o Concello prevé elaborar varias pezas audiovisuais da posta do sol sobre Cíes para a súa posterior difusión por distintos canais.