Hoxe é 24 de maio celebrarase o Día Europeo dos Parques 2016

A Taste of Nature. O sabor da natureza
Publicado por o día 24/05/2016 na sección de Eventos,Vigo

Hoxe é 24 de maio celebrarase o Día Europeo dos Parques 2016

A Federación EUROPARC, organización paneuropea que aúna a 38 países, promove un ano máis a celebración do Día Europeo dos Parques o 24 de maio. Esta efeméride conmemora a declaración dos primeiros parques nacionais en Europa, en Suecia, fai xa máis dun século.

En 2016 a celebración do Día Europeo dos Parques promóvese baixo o lema europeo “A Taste of Nature. O sabor da natureza”.

Este ano ponse a énfase na conexión entre as áreas protexidas e as actividades agrarias sustentables a través dos sabores dos produtos e alimentos saudables procedentes dos parques, no marco da celebración do Ano Internacional dos Legumes auspiado por Nacións Unidas.

A Federación EUROPARC convida a todos os estados europeos e organizacións non gobernamentais de conservación da natureza para divulgar este acontecemento e a organizar actividades destinadas a dar a coñecer as áreas protexidas e a súa relevancia para a sociedade.

Desde EUROPARC-España anímase aos seus membros, ás administracións públicas e ás entidades e colectivos que traballan por e para os nosos parques para integrar na súa programación actividades no marco da celebración do Día Europeo dos Parques.

Organizas actividades o Día Europeo dos Parques 2016? 

Se desde o teu espazo natural protexido, ou desde outras entidades e colectivos implicados cos parques, estades a organizar algunha actividade con motivo da celebración do Día Europeo dos Parques 2016, axudámosche a darlle difusión.
  • Pode enviarse información detallada da actividade para a súa difusión a través do boletín electrónico de EUROPARC-España que se distribuirá a primeiros do mes de maio de 2016, e máis de 3.000 destinatarios poderán coñecer as vosas actividades!
    A información pode remitirse a [email protected]
  • En Twitter, usar o hashtag #DiaEuropeoParques e citar @redeuroparc, e darase redifusión ás actividades que se estean organizando.
  • En Facebook no seu muro https://www.facebook.com/redeuroparc