Hoxe é 3 de maio celebrarase o Día Mundial da Liberdade de Prensa

O acceso á información e as liberdades fundamentais. É o teu dereito!
Publicado por o día 03/05/2016 na sección de Vigo

Hoxe é 3 de maio celebrarase o Día Mundial da Liberdade de Prensa

A ONU conmemorará este martes 3 de maio o Día Mundial da Liberdade de Prensa baixo tres perspectivas: a liberdade de información como liberdade fundamental e como dereito humano; a protección da liberdade de prensa fronte á censura e o exceso de vixilancia; e a garantía da seguridade do xornalismo na internet e fóra dela.

“O acceso á información é unha liberdade fundamental e forma parte do dereito humano fundamental á liberdade de expresión. Recibir e difundir información, en liña e fóra de liña, constitúe a pedra angular da democracia, o bo goberno e o estado de dereito”, afirma a directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, con motivo desta efeméride.

Segundo lembra a ONU, o 3 de maio foi proclamado como o Día Mundial da Liberdade de Prensa en 1993, pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, seguindo a recomendación da Conferencia Xeral da UNESCO. A data elixiuse para que coincidise co aniversario da Declaración de Windhoek, na cal os representantes de medios de comunicación africanos que participaban nun seminario organizado pola UNESCO na capital de Namibia, elaboraron un documento onde se recollían os principios da liberdade de prensa.

Segundo datos de Reporteiros Sen Fronteiras (RSF), en 2015 morreron 63 xornalistas por causas relacionadas co exercicio da profesión e outros 40 profesionais foron asasinados sen que se coñeza aínda o motivo da súa morte. A estas cifras, hanse de sumar as mortes de 19 xornalistas cidadáns e seis colaboradores de medios.

A data elixiuse para que coincidise co aniversario da Declaración de Windhoek, na cal os representantes de medios de comunicación africanos que participaban nun seminario organizado pola UNESCO na capital de Namibia, elaboraron un documento onde se recollían os principios da liberdade de prensa. A xornalista acerbaixana Khadija Ismayilova gaña o Premio Mundial de Liberdade de Prensa UNESCO/Guillermo Cano 2016. A cerimonia de premiación terá lugar o 3 de maio en Finlandia, que este ano acolle as celebracións do Día Mundial da Liberdade de Prensa.

En 2016, o Día Mundial da Liberdade de Prensa coincide con tres fitos importantes:

  • O 250º aniversario da primeira lei de liberdade de información do mundo, que abarcaba ás actuais Suecia e Finlandia.
  • O 25º aniversario da aprobación da declaración de principios sobre a liberdade de prensa de Windhoek.
  • O ano 2016 é o primeiro do ciclo de 15 anos dos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

Existen no mundo moitos países que suprimen completamente a información na sociedade, isto xera unha desinformación xeral o que fai que as persoas se volvan “máis fáciles de dominar”, este día esta creado para crear unha conciencia na persoas, tentando promover a liberdade de expresión polo que se tes a oportunidade de facelo, sempre di o que pensas e pon en exposición a túa opinión, desta forma créase unha mundo mellor cunha maior variedade de ideas e de soluciones para o futuro.

Existen 3 filtros de información creados por un dos máis famosos Filósofos da historia, Sócrates:

  • 1 – A verdade, di o que teñas que dicir só se estás seguro de que é verdade.
  • 2 – A bondade, di o que teñas que dicir só se é algo bo o que vas dicir.
  • 3 – A utilidade, se o que tes para dicir, non é certo, non é bo e non é útil é mellor que non digas nada.

Rubens Rocha