Hoxe iniciouse o traballo do asfaltado da VG20 entre Navia e Bouzas

Publicado por o día 07/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Hoxe iniciouse o traballo do asfaltado da VG20 entre Navia e Bouzas

Hoxe iniciouse o traballo do asfaltado da VG20 entre Navia e Bouzas, esta é unha obra que o Concello de Vigo solicitoulle hai xa uns meses ao ministerio de fomento, o ministerio de fomento acepto a petición do concello, licítoa, adxudicouna e neste momento xa esta en execución.

O Alcalde afirma que tardará aproximadamente unhas tres semanas, era unha zona que o necesitaba moito e quedará todo todo asfaltado e eliminásense ruídos, segundo o alcalde argumenta que a procedencia do ruído é debido ás fochancas e ao mal estado da estrada.

Caballero argumenta que é unha obra que ten que facer fomento porque é a quen lle corresponde a parte estrutural desa autovía. O alcalde mostra a súa satisfacción e o seu recoñecemento ao ministerio de fomento do goberno de Pedro Sánchez por operar con rapidez e facer caso ao requirimento do Concello.