Hoxe no Concello de Cangas se presentou a XXVIII Bandeira do Concello de traiñas

Publicado por o día 06/07/2017 na sección de Cangas,Deportes,Eventos,Galicia,Remo

Hoxe no Concello de Cangas se presentou a XXVIII Bandeira do Concello de traiñas

No día de hoxe tivo lugar no Salón de Plenos do Concello a presentación da XXVIII Bandeira Concello de Cangas de Traíñas, acto ao que acudiron Xosé M. Pazos, Alcalde; Xoán C. Chillón, Concelleiro de Ensino e Deporte; e Cándido Bernárdez (Directivo do Club de Remo Vila de Cangas).

O evento terá lugar este sábado 8 de xullo nas inmediacións do peirao de Cangas, a partir das 18:30 horas, cun total de 150 remeiros participantes, na categoría absoluta masculina, en representación de 7 clubes achegados dende diferentes puntos da xeografía galega: Mera, Mugardos, Virxe da Guía, Esteirana, Muros, Cedeira e Vila de Cangas.

Desde a dirección do Vila de Cangas recordan que este sábado arranca a Liga B da Liga Galega de Traínas. “Xa son 30 anos de existencia do Club de Remo Vila de Cangas, e 28 anos de bandeiras do Concello, situándonos entre as máis importantes de Galicia”. Dende a Concellaría de Ensino e Deportes aplauden a labor do Vila de Cangas consolidando esta bandeira e convidan a toda a cidadanía a participar deste evento náutico-deportivo que tanta tradición ten no noso Concello.