Hoxe os Ninguéns deronse concentración na entrada ao Concello de Vigo para denunciar o silencio administrativo sufrido polo Concello

Encontro de reflexión en defensa da poboacion empobrecida horas antes do inicio da campaña para as eleccións municipais e europeas
Publicado por o día 09/05/2019 na sección de Galicia,Os Ninguéns,Social,Vigo

Hoxe os Ninguéns deronse concentración na entrada ao Concello de Vigo para denunciar o silencio administrativo sufrido polo Concello

Encontro de reflexión en defensa da poboacion empobrecida horas antes do inicio da campaña para as eleccións municipais e europeas

O Foro Socioeducativo OS NINGUENS, organización sociopolítica en defensa das persoas en situación de pobreza, e cando faltan poucas horas para o inicio da campaña para as Eleccións Municipais e Europeas, xuntámonos hoxe aquí, como fixemos hai catro anos, para petar no corazón das novas representantes institucionais.

“Poñámoslle corazón á nova Corporación Municipal e ó novo Parlamento Europeo”.

Iniciamos este encontro cos ollos e a boca tapados como expresión de que a actual Corporación tratou a este colectivo con silencios administrativos e desprecio aos nosos intentos de diálogo constructivo.

Desexamos deixar constancia de que cando se constitúa a nova Corporación e o Parlamento Europeo volveremos a dar visibilidade ás necesidades e obxectivos de loita contra a pobreza.

Os índices de pobreza requiren das institucións públicas pactos hacia políticas que minimicen os efectos da inxustiza social.

A pobreza afecta a sectores tan vulnerables como persoas maiores e desempregadas, maioritariamente mulleres, infancia, persoas con diversidade funcional, adiccións, sen fogar, inmigrantes e refuxiadas.

A nova Corporación Municipal debería priorizar as políticas de xustiza social para atenuar dentro do posible os efectos da pobreza aumentando os orzamentos, os equipos multidisciplinarios para que ninguna persoa, contra a súa vontade, viva no umbral da pobreza ou pobreza severa, garantindo que cubran as súas necesidades básicas de vivenda, alimentación, saúde, educación, lecer e acceso á cultura englobadas nunha perspectiva de xénero.

A nivel europeo todos os Estados deben comprometerse a promover políticas eficaces para achegarse a un consenso de mínimos, coincidente ca Carta Social Europea e a Rede Galega Contra a Pobreza que admiten o indicador AROPE (At Risk of Poverty or Social Exclusión) como referente. Este Indicador establece un mínimo de 710 euros mensuais por persoa e

1.680 euros/mes por fogar formado por dous adultos e dous menores (por debaixo de esta cifra están no umbral da pobreza).

Respetar a Carta Internacional de Dereitos Humanos en relación con políticas de acollemento e protección dos fluxos migratorios e refuxiadas.

As diferencias salariais de xénero e as actuais prestacións sociais de viudedade, rendas de integración, pensións non contributivas, rendas activas de inserción, prestacións por desemprego son tan insuficientes que cronifican a pobreza de xeneración en xeneración.

Que o noso berro A POBREZA NON SE ESCONDE, SE COMBATE CON XUSTIZA, pete no corazón dos partidos que esta noite inician a campaña electoral.