Hoxe produciuse o enterro do sen teito falecido nun choupano na rúa Llorente

Por o 17/04/2019 | Sección: Galicia,Os Ninguéns,Social,Vigo
Hoxe produciuse o enterro do sen teito falecido nun choupano na rúa Llorente
Compartir en:
Esta mañá, no día 17 de abril ás 11:30 h foi enterrado o compañeiro Constantin, veciño empobrecido de Vigo finado na Rúa Llorente, descansa agora na zona 9 do cemiterio de Pereiró de Vigo, na tumba 220.
Representantes do colectivo Os Ninguéns acodiron a acompañalo, e queremos reiterar a importancia de que este concello se implique coas melloras necesarias en materia de senfogarismo, en primeiro lugar subsanando as carencias do albergue municipal, tanto de prazas mediante a súa reforma e ampliación, como de posibilidade de estancia (habendo agora mesmo un límite de dez días que non permite saír da rúa), coma plantexando un plan de inclusión solvente, e tamén un censo oficial de persoas sen fogar; e se presione dende o eido local para implicar á Xunta e traballar conxuntamente de maneira coordinada nun parque público de vivenda en aluguer social, con prezos accesibles para as persoas que non poden acceder a un piso de mercado, coma perceptoras de RISGAS, PNCS,RAIS… persoas para as que é imposible acceder a unha vivenda, xa que non poden nin sufragala nin aportar as garantías que se están a pedir agora mesmo en aluguer, e polo tanto precisan dun protocolo  institucional urxente ao que acollerse. A problemática da vivenda na nosa cidade é unha emerxencia absoluta.
Entristecidas ao recordar as condicións de insalubridade e inseguridade nas que se atopou finado este compañeiro e desexar que nunca máis teñamos que lamentar outro suceso coma este, para o que pedimos implicación das institucións e se centre na axenda política municipal e autonómica, concluen desde o foro socioeducativo Os Ninguéns.

Comentar noticia

Your email address will not be published.