Hoxe en Vigo presentouse “Somos Quen” candidatura ao Consello das Mareas 

Tivo lugar no local da Marea de Vigo na Avenida das Camelias 85 hoxe ás 12horas
Publicado por o día 20/01/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

Hoxe en Vigo presentouse “Somos Quen” candidatura ao Consello das Mareas 

A presentación da candidatura ‘Somos Quen’ tivo lugar no local da Marea de Vigo na Avenida das Camelias 85 hoxe ás 12horas. A candidatura encabeza Davide Rodríguez, deputado no Parlamento galego e ex-alcalde de Manzaneda  acompañado por outras persoas integrantes da candidatura. A concelleira viguesa Marga López Barreiro, Iria Morgade, Esther Duro e Patxi Alonso.

A candidatura esta formada por mulleres e homes de base, de pequenas e medianas mareas ao longo do país, do tecido asociativo e dos movementos sociais, que decidiron dar un paso adiante  e dicir  “Somos Quen”.

‘Somos Quen’ e unha candidatura que empurra por facer de En Marea un verdadeiro suxeito político rupturista co actual réxime do 78 e de creba democrática coa Europa dos banqueiros.

Davide Rodriguez e a sua equipa dan un paso adiante e dicir “Somos Quen” de traballar por unha En Marea dende a base e ao longo de toda a nosa terra.

“Somos Quen” de fortalecer En Marea para que se conforme en proxecto político, social e económico para o país, dende a esquerda nacional, o feminismo, a democracia radical e a soberanía popular.

Dende “Somos Quen” consideramos que a unidade popular só se pode conquerir dende a base, por iso a nosa candidatura foi elaborada a través de pequenas asembleas espalladas por todo o territorio.

No local da Marea de Vigo manifestaron que apostan pola urxente estruturación de En Marea en asembleas de base, coa comarca como referente chave que dote de contido un proxecto que pode e debe ser a alternativa de país, unha alternativa de país ao servizo das clases populares que loite contra o patriarcado e a oligarquía económica.

A candidatura aposta polo traballo no territorio, a vertebración dun proxecto en base a uns obxectivos políticos definidos debe ser a prioridade para os próximos tempos e nese camiño por andar e consideran que Luis Villares debe ser o portavoz indiscutible.

‘Somos Quen’ e unha candidatura reflicte a súa pluralidadde e transversalidade no paso dado por persoas ao longo do territorio.

Os seus integrantes son: Modesto Renda de Vilalba, Sonia Vidal de Xunqueira, Patxi Alonso do Baixo Miño, Xurxo Triñanes do Barbanza, Jorge Lorenzo de Laza, Marga López de Vigo, Vanessa Garrido do Courel, Aarón Franco e Sandra Pesqueira de Marín ou Felix Domínguez de Manzaneda a candidatura tamén hai xente procentes do movemento asociativo, activismo social e do sindicalismo e mostran con esta candidatura que son unha declaración de intencións firmes do motivos polo que decidiron dar este paso adiante e dicir “Somos Quen”.

A presentación rematou no local da Marea de Vigo cunha consigna ben clara e isa e pola comarcalización, pola soberanía popular, polo feminismo e a democracia de base.