I Canicross Concello de Mos no Santiaguiño

Xa se atopa aberto o prazo de inscrición para esta actividade que inclúe andaina canina e que se celebrará o vindeiro 13 de abril

O Concello de Mos e Zarkocan organizan a I Canicross e Andaina Canina Concello de Mos que se celebrará o sábado 13 de abril no Santiaguiño, parroquia de Guizán.

O prazo de inscricións xa se atopa aberto e rematará o vindeiro 7 de abril. Os interesados en formalizar a súa inscrición deberán facelo a través da web www.galitiming.com. O custe de participación é de 7 euros.

As bases poden ser consultadas en www.mos.es e/ou en www.facebook.com/zarkocan/

O programa previsto para o día 13 de abril é ás 10.00 horas saída do canicross, ás 10.30 horas saída da andaina canina, ás 11.00 horas desfile canino de protectoras, e ás 12.00 horas exhibición de obediencia canina a cargo do Clube Zarkocan.

Os interesados en obter máis información sobre esta actividade poden chamar por teléfono ás oficinas da OMIX de Mos ao número 986339404.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM