I Promoción do Curso de Especialización en Electrónica de BorgWarner Vigo

Esta mañá terá lugar clausúraa do curso na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo
Por o 18/06/2019 | Sección: Galicia,Universidade de Vigo,Vigo
I Promoción do Curso de Especialización en Electrónica de BorgWarner Vigo
Compartir en:

Este xoves terá lugar o acto de clausura da primeira promoción do Curso de Especialización en Electrónica de BorgWarner Vigo que deu comezo o pasado mes de setembro na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo e que contou coa participación de 20 profesionais. Trátase da primeira experiencia levada a cabo pola empresa multinacional de compoñentes de automoción no seu afán por expandir o coñecemento do seu equipo de enxeñería en Vigo, na súa maioría de especialización mecánica. O obxectivo do curso foi responder as necesidades que derivan dos cambios que está a vivir o sector e asumir o reto de desenvolvemento de novos produtos cun compoñente eléctrico e electrónico cada vez maior.

O curso deseñouse cunha duración de 250 horas e foi desenvolto en colaboración co actual equipo de electrónica de BorgWarner e o departamento de electrónica da Universidade de Vigo. O curso supón un avance tan claro cara á electrificación do noso negocio que xa se está traballando na segunda edición e nas próximas convocatorias converterase en título propio, abríndose a acoller a persoal profesional doutras empresas. Este ano o programa foi cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, dentro do obxectivo temático 8: promover a sustentabilidade e calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral. No acto de clausura, que se celebrará no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial, participarán o Reitor D. Manuel Reigosa, o Vicepresidente de Enxeñería de BorgWarner, Carlos Castaño e o Vicepresidente de Recursos Humanos, Gerd Merkel, entre outros membros do equipo directivo de Borgwarner e da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo. No evento participarán máis de 60 persoas.

Centro Técnico de BorgWarner

O Centro Técnico – STC ( Spain Technical Centre) está formado por dúas áreas que pertencen a dúas liñas de produto diferente dentro da nosa unidade de negocio, Emissions & Thermal Systems –

ETS. Dentro da liña de produto de “Xestión de Gases de Escape”, o grupo termomecánico é responsable para o desenvolvemento dos enfriadores e módulos EGR, así como para sistemas de recuperación de calor dos gases de escape ( EHRS). Dentro da liña de produto de “Electrónica de Potencia”, o grupo de electrónica é responsable do desenvolvemento das PCBA’s (placas electrónicas) para mellorar a funcionalidade dos produtos de BW.

BorgWarner mellora e desenvolve novos produtos, atendendo e adaptándose á situación do mercado, para mellorar a competitividade do negocio, ofrecendo soporte técnico ás plantas produtivas, así como capacidades de deseño, simulación, prototipos e ensaios

Comentar noticia

Your email address will not be published.