I Xornadas de Convivencia, acoso escolar e transexualidade infantil

Serán o día 1 de abril no Centro Cultural de Matamá (r/ dos Canteiros 53, Matamá – Vigo) dende as 9:00 horas da mañá ata as 14:00 horas da tarde.

Serán o día 1 de abril no Centro Cultural de Matamá (r/ dos Canteiros 53, Matamá – Vigo) dende ás 9:00 horas da mañá ata as 14:00 horas da tarde. Contaremos coa concelleira de educación, Dna. Olga Alonso, para realizar a apertura das xornadas.

Por que FOANPAS organiza unhas xornadas de convivencia? Cremos que a convivencia sana entre todas e todos é posible e debemos traballar día a día para que esta convivencia sexa positiva. Nais, pais, alumnado, docentes, especialistas, administracións… todos e todas temos que convivir, temos que compartir, temos responsabilidades e nas nosas mans está criar cidadáns libres, respetuosos, autónomos, activos e tolerantes.

Nestas xornadas incideremos no acoso escolar e na transexualidade infantil. Está a haber un epunte de casos de acoso escolar, en todas as súas vertentes. Queremos darlle voz nestas ornadas a persoas e profesionais que viven ou viviron de cerca o acoso. Alfredo Fornos, orientador do CEIP Escultor Acuña comentaranos cómo é o protocolo de actuación cando se detecta un caso de acoso nun centro e cómo están a traballar no seu centro. Guillermo Castro (pai dun neno cosado) e Alejandro Gómez (vítima de acoso) contarán as súas experiencias vitais co acoso escolar: cómo o viviron, qué consecuencias tivo neles e na súa familia, qué medidas se tomaron, etc.

Na segunda parte da xornada teremos a oportunidade de escoitar a Inés Carballo, educadora social a Asociación Faraxa, quen nos contará cal é a situación actual da prostitución (perfiles de persoas que exercen, perfiles de persoas consumidoras, etc.) e cal é a incidencia da prostitución das ersoas transexuais. Logo será a quenda de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS (Asociación de Familias de Menores Trans), que contará cómo é a situación actual dos nenos e das nenas transexuais e da importancia de traballar dende a infancia para normalizar a súa situación e logren acadar saídas profesionais que non acabe sendo maioritariamente o exercizo da prostitución.

Convidámoste a asistir ás xornadas e agradecémosche de novo a túa colaboración.

Cartaz e Programa

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

acoso escolarArelasFOANPASI Xornadas de ConvivenciaTransexualidade infantil

SIGUENOS EN TELEGRAM