Iago Aspas suple a Diego Costa na convocatoria de Luis Enrique

Publicado por o día 03/09/2018 na sección de Celta,Deportes,Fútbol

Iago Aspas suple a Diego Costa na convocatoria de Luis Enrique

A RFEF comunicou este luns que Iago Aspas substituirá na convocatoria da Selección Española a Diego Costa, baixa por motivos personais. O de Moaña, que nun principio non fora incluído por Luís Enrique na súa lista de seleccionados, suma así a súa novena convocatoria consecutiva coa selección absoluta de España.