Iago González renova co C. B. Seis do Nadal – Coia

Publicado por o día 30/08/2016 na sección de Baloncesto,Deportes

Iago González renova co C. B. Seis do Nadal – Coia

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia segue sumando pezas para completar a plantilla do equipo de Liga EBA da presente tempada 2016/2017. Nesta ocasión súmase ao proxecto Iago González, xogador que se incorporaba á entidade a pasada tempada e que foi un dos xogadores partícipes do Ascenso conseguido na Fase Final disputada en Culleredo.

Continuando así co obxectivo de renovar ao bloque da campaña pasada o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia renova a Iago González, ala-pívot de 1,93 metros de altura. Iago comezou a súa formación como xogador de baloncesto na tempada 2004/2005 no Colexio Compañía de María na categoría minibásquet; militou no Colexio Maristas en categoría infantil, cadete e júnior de primeiro ano; na tempada 2011/2012 incorporouse ao CB Vigo, club no que xogou en categoría júnior de segundo ano e categoría sénior ata a tempada 2013/2014.
Na pasada tempada 2015/2016 Iago González chegaba ao equipo do Seis do Nadal de Primeira División, e no seu primeiro curso na entidade conseguía o Ascenso a Liga EBA. Para o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia é todo unha honra poder seguir sumando ao novo proxecto de Liga EBA aos xogadores que foron partícipes do Ascenso,e neste caso é todo un orgullo poder seguir contando na plantilla con Iago González.