Iberia reforzará este verán a ruta entre Vigo e Madrid con catorce voos á semana

Abel Caballero informou este xoves de que a compañía Ibería xa lle comunicou que reforzará este verán a liña entre Vigo e Madrid. Ademais, o alcalde sinalou que a cidade é o destino doméstico máis demandado en España, segundo o portal Kayak.
Publicado por o día 25/06/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que a aerolínea Iberia vai a reforzar “de forma moi notable” a conexión Vigo-Madrid. “Vai ser a ruta doméstico máis importante de España, ten unha demanda notable”, sinalou o rexedor durante a súa comparecencia de prensa.

Segundo indicou, Iberia disporá de 14 voos á semana en agosto entre Vigo e Madrid, mentres que Air Europa retomará as súas conexións o 15 de xullo, a compañía canaria Binter está “en reactivación” e Vueling tamén empeza a reprogramar Barcelona.

Na mesma liña, o alcalde exemplificou a importancia de Vigo como destino turístico no feito de que o portal Kayak, líder de buscas na rede, sitúa a Vigo como destino doméstico máis importante de España. “Dá unha idea do nivel de demanda da cidade, temos que estar preparados para un verano que poida ser mellor do que pensabamos hai dous meses”, indicou.